Barbanza acollerá esta fin de semana o I Ralli Ribeira-Ría de Arousa

BARBANZA> A cita automobilística será ademais a última proba puntuable para o campionato galego da especialidade.

A primeira edición do Ralli Ribeira-Ría de Arousa, organizada pola escudería do mesmo nome, comporase dun total de dez tramos cronometrados.

Na mañá do sábado levaranse a cabo a verificacións, tanto técnicas como administrativas, para, a partir das dúas da tarde, arrancar coa cerimonia protocolaria de saída dende a Praza do Concello de Ribeira.

Durante esa xornada celebraranse catro tramos cronometrados, dous a dobre pasada. Serán os denominados Mancomunidade Barbanza-Arousa que se celebrará en Rianxo, e Furgonet Barbanza , que discorrerá pola Pobra do Caramiñal.

Para a xornada do domingo quedarán outros seis tramos cronometrados, Exipto MotorSport en Boiro, Excavaciones Abelleira en Ribeira e Concello de Ribeira, todos eles a dobre pasada.

No ralli está prevista a participación dun total de 86 pilotos, con figuras destacadas como é o caso de Manuel Senra, Francisco Dorado, Jorge Perez ou Alberto Meira, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí