CCOO acusa á CIG e UXT de traizoar ás traballadoras co novo convenio do sector da conserva

VILAGARCIA> CCOO carga contra a CIG e UXT por asinar o novo convenio do sector da conserva. Dende este sindicato culpan as outras organizacións de enganar e traizoar a todas e todos os traballadores que se mobilizaron durante meses. Consideran que o novo acordo non garantirá a igualdade salarial entre homes e mulleres e deixa en malas condicións aos novos traballadores que terán xornadas de fin de semana e festivos.

A fin do conflito polo novo convenio do sector da conserva reabre novos frontes entre as organizacións sindicais. Dende CCOO non aceptaron as novas condicións do novo acordo e culpan á CIG e a UXT de traizoar aos traballadores e traballadoras.

As súas críticas van destinadas principalmente a dúas cuestións. A primeira delas é fenda salarial. Dende CCOO non creen que este convenio vaia a poder garantir a igualdade retributiva entre homes e mulleres.

CCOO non aproba que a equiparación salarial dependa dun comité no que participa a patronal. Advirte á CIG de que non dará resultado.

Tampouco están a favor da cuarta quenda. Unha xornada que afectará aos novos traballadores que desempeñarán as súas tarefas en horario de fin de semana e festivos.

Dende CCOO advirten que continuarán loitando e reuníndose cos diferentes comités de empresa para poder mellora, dentro do posible, as condicións laborais das traballadoras e traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí