09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA > 800 alumnos de nove colexios de Pontevedra participaron esta mañá nun campionato de “Campo a través”. A iniciativa busca que os máis cativos gocen das actividades deportivas, ó tempo que entran en contacto coa natureza. A cita deportiva busca fomenta-los bos costumes deportivos entre os máis pequenos, potenciando a convivencia entre o alumnado dos nove centros da cidade que participaron na proba. Segundo explican dende a agrupación Deporte Base de Pontevedra, responsable da organización, outra das claves é concienciar, xa dende pequenos, que neste tipo de actividades o importante é participar. No campo a través participaron uns 800 nenos, repartidos por idades. Os benxamíns tiveron que correr uns 600 metros e os cadetes completaron un percorrido de 2 km-. Entre os corredores, moita diversión e, sobre todo, moito esforzo para poder completa-lo percorrido. Para os máis rápidos a recompensa en forma de medalla. Así e todo, o mellor premio para eles foi poder gozar dunha amena xornada de xogos, carreiras e novas amizades.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O colexio Galaxia de Ribeira presentou o seu proxecto Pasos Solidarios, unha andaina e carreira que percorrerá o concello o próximo domingo día 26. Os fondos irán destinados á Asociación Española contra o Cancro.
BOIRO> Os amantes do Trail teñen unha cita este domingo en Bealo, no concello boirense. O “Arousa Revolutrion Trail Series 2017”, que percorre paraxes sorprendentes do municipio, presentouse esta mañá no consistorio
Xoves, 02 Marzo 2017 22:49

100 quilómetros en 24 horas

NOIA> Esta mañá presentouse en Noia a cuarta edición do “International Trekkers”. A primeira proba de Ultrafondo de Galicia que percorrerá 100 quilómetros en 24 horas os próximos 24 e 25 de xuño. Ó acto asistiron representantes dos sete concellos das comarcas do Barbanza e Noia que participan no evento.
PORTO DO SON> A carreira, que foi presentada oficialmente esta mañá, terá lugar o próximo 18 de decembro.
BOIRO> Bo ambiente, deportividade e unha alternativa nocturna aos máis novos son as premisas coas que se presentou en Boiro a segunda Carreira “Noite Barbantia Jealsa”, que percorrerá as rúas do concello este sábado.
O GROVE> Dous anos despois da súa última edición... regresa o MaralbaTur Running Fest 2016 cargado de novidades para os afeccionados a media maratón, entre as que destaca o cambio de ruta... O Casino de A Toxa albergou a presentación do Maralbatur Running Fest 2016, que se celebrará o domingo. Unha proba de media maratón que volve a celebrarse despois de dous anos sen facelo, con varias novidades... unha das principais é que a saída será dende O Grove e rematará en Sanxenxo. Unha proba deportiva na que hai anotados máis de 600 participantes, que percorrerán uns 21 km pertencentes a comarca do Salnés. Unha actividade, que segundo Jesús Sueiro representa algo máis ca un deporte. Unha media maratón apadriñada polos deportistas Pedro Nimo e Paula Mayobre. A pesar de que na súa última edición celebrouse en setembro, nesta ocasión o MaralbaTur será este domingo de maio. Masterclass de Zumba, concertos, e hasta unha carreira para nenos, que se celebrará o sábado, e para que xa hai anotados uns 400 rapaces farán desta edición unha das máis movidas e dinámicas competicións deste tipo. 
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> E en Pontevedra arredor duns 2000 nenos e nenas da comarca de Pontevedra percorreron as rúas da cidade no Correlingua 2016, que percorrerá todo Galicia, e que nesta ocasión arrancou da cidade do Lérez.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do remate das obras de pavimentación e renovación de servizos no lugar de Parte ao Río, na parroquia de Carreira. Esta actuación contou cun investimento de máis de 200 mil euros e foi executada pola empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L.. As obras consistiron na substitución do deteriorado pavimento por outro novo. Aproveitouse tamén as obras para cambiar tamén as vellas tubaxes de saneamento e un novo para pluviais e fecais. A actuación formaba parte do canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Carreira Top of Page

Síguenos en facebook