Cursos de formación no concello de Ribeira

    RIBEIRA> A concellería de Dinamización e Promoción Económica de Ribeira organiza un total de catro cursos de formación. Dous de manipulación de alimentos e outros dous de carreteiro. Os cursos desenvolveranse durante o vindeiro mes de novembro. 

    Co fin de dar resposta a elevada demanda por parte das empresas da zona, a concellería de Dinamización e Promoción Económica porá en marcha durante o vindeiro mes de novembro un total de catro cursos de formación. Dous de manipulación de alimentos e outros dous de carreteiro. Serán todos eles de carácter gratuíto e financiados integramente polo concello. Irán dirixidos principalmente a persoas empadroadas no municipio e que estean en situación de desemprego. O inicio do curso está previsto para o vindeiro mes de novembro, desenvolvéndose nas propias oficinas do viveiro de empresa. O prazo de inscrición nestes cursos será do 17 ó 21 de outubro. As persoas interesadas deberán entregar nesas datas toda a documentación requirida nas oficinas do rexistro xeral. Para máis información das bases da convocatoria pode consultarse a web municipal: www.riveira.gal ou dirixirse ó Servizo de Orientación Laboral.