• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O proxecto da rolda leste en Pontevedra xa está en proceso de licitación na Deputación provincial. O concello deu a aprobación a estes traballos que finalmente terá un custe total de 3 millón 112 mil euros. Cesar Mosquera agarda poder comezar estas obras antes de que remate o ano.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dous artistas formados na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra traballarán dende o mes de xuño nas obras de restauración do Capitolio. Os canteiros Manuel Rial e Francisco Castro traballarán durante 3 anos na capital dos Estados Unidos nas obras de restauración deste emblemático edificio.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O mes de maio trae moitas actividades culturais a Boa Vila, entre as Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra. Un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que ten como fin amosar a arte deste edificio dende outro punto de vista. As protagonistas desta primeira edición foron Uxía e Isabel Risco.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O Museo de Pontevedra inicia no mes de maio as súas visita cruzadas. Unha iniciativa onde persoeiros vencellados co mundo da cultura galega converteranse en guías por un día. Uxía, Isabel Risco, Jorge Coira ou Quico Cadaval serán soamente algúns dos protagonistas que amenizarán as mañás dos domingos de maio.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Este venres, no Pazo da Cultura de Pontevedra, inaugurarase a exposición “Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato”. Unhas mostra, de Francesco Tonucci, que poderán ver dende este venres e ata o 11 de xullo. Unha exposición que tenta facer unha reflexión sobre o mundo da Educación.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A provincia de Pontevedra ven de vivir a mellor Semana Santa dende o ano 2010 cun 85,59 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo e O Grove tiveron un 100% de ocupación nos días fortes deste periodo vacacional, entre o xoves e o domingo.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> A deputación de Pontevedra investirá máis de 60.000 euros no programa de actividades deseñado para celebrar en Cambados o seu ano como Cidade Europea do Viño. Esta mañá o Concello e a entidade provincial firmaron o convenio de colaboración. Cultura, deporte, actividades a favor da igualdade, apoio ás persoas con discapacidade, ou por suposto. viño. No programa de actividades do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Cambados, para celebrar o seu ano como Cidade Europea do Viño, non falta de nada. A presidenta da Deputación e a alcaldesa do concello, asinaron en compañía do deputado provincial de turismo e o do concelleiro de Enoturismo, un acordo polo que a entidade pontevedresa destina máis de 60.000 euros a Cambados. Un senfin de actividades que comezarán o vindeiro 25 de marzo coa celebración Da gala inaugural, e entre os que se inclúen os recoñecidos Festivais Rías Baixas, posto que un deles se organizará neste concello. Ademáis, rutas de senderismo, exposicións de canteiría, mesas redondas, ou eventos vinculados ás novas tecnoloxías. Para Carmela Silva o apoio a Cambados neste ano é imprescindible, posto que o título de Cidade Europea do Viño é algo que tódalas institucións debería valorar do mesmo xeito que o fai a Deputación. A alcaldesa de Cambados destacou as actividades que van destinadas a loitar contra as barreiras coas que se atopan as persoas con diversidade funcional ,tal e como demostraron durante o acto desta mañá no concello cambadés, rachando coas barreiras simbolicamente. O convenio firmado esta mañá é para a Deputación de Pontevedra unha mostra do apoio que amosa a entidade a este distintivo que conseguiu Cambados, e as asinantes aseguraron que este 2017 será o mellor ano de tódolos celebrados polas cidades europeas do Viño ata o momento.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A presidenta da Deputación amosouse abraiada ante as declaracións que o presidente da Xunta deixou en Pontevedra esta semana. En primeiro termo, porque lembrou, que a conservación do Pazo de Lourizán é competencia da Xunta mediante convenio, non precisa o goberno ningunha transferencia para investir nel. E en segundo lugar, Silva non entende as voltas, que en materia de ubicación, o Goberno Galego está tendo coa planta de biomasa de Ence.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra>Dende a Deputación de Pontevedra anunciaron esta mañá o plan de melloras de espazo públicos da provincia. Unha iniciativa que ten como fin mellorar a estética e poñer en valor o traballo que realizan dende a Escola de Cantería ou a estación fitopatolóxica de Areeiro. 23 concellos están interesados neste plan, pero a presidenta xa a anunciou, que o prazo segue aberto para os municipios interesados.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A presidenta da Deputación visitou esta mañá as instalación do cuartel da Garda Civil en Pontevedra. Silva destacou a labor que dende este corpo se presta na provincia. A presidenta tamén fixo fincapé no investimento que nese espazo realizaron dende o Goberno de Louzán e lembrou os 150 mil euros que a Deputación investirá en obras de mellora para o cuartel de Cambados.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 3
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Deputación de Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook