Desfile de premiados na gala de clausura da Mostra de Curtas

    NOIA> A decimo oitava edición da Mostra de Curtas de Noia chegou esta fin de semana á súa fin. A preestrea da serie ‘Fariña’ celebrada o sábado e a gala de entrega de premios do venres puxeron o broche de ouro a unha edición que bateu récord de participación e de asistentes. Dez días de cine con maiúsculas que tiveron o mellor peche na gala de clausura da Mostra de Curtas Vila de Noia. A entrega de premios, que se prolongou case dúas horas, caracterizouse pola axilidade e o sentido do humor a cargo dos presentadores Pedro Brandariz e Carmen Méndez. Ó longo da noite desfilaron polo Coliseo Noela destacados nomes da gran pantalla, entre eles os actores Yon González, Anna Moliner ou María Bouzas. Esta última protagonizou un dos momentos máis emotivos e reivindicativos da gala co seu discurso tras recoller o premio honorífico desta edición. As cintas’Kapitalistis’de Pablo Muñoz e’Madre’de Rodrigo Sorogoyen compartiron o premio ó mellor corto. O último repetiu galardón na categoría de mellor director. O ppúblico outorgou o seu premio especial para ‘Ni una sola línea’ de Víctor Díaz Somoza mentres que a mellor curta de animación foi ‘Un día en el parque’ de Diego Porral. Alfonso Lara fíxose co premio ó mellor actor ‘Xosé Olveira, Pico’ polo seu papel en ‘Los hombres de verdad no lloran’. O galardón á mellor banda sonora foi para Héctor Pérez por ‘La Dama de Sal’ mentres que o mellor guión recaeu en Julián Merino por’The APP’.Na categoría Amateur, destacou o traballo de Javier Rodríguez e Luís P Martínez por ‘Tres’.