• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Seis detidos, quilo e medio de cocaína, 10 quilos de sustancias de corte, 5 quilos de marihuana, 210 mil euros en metálico, dous coches e dúas motos. Este é o groso do material incautado pola Policía Nacional e a Garda Civil na operación anti droga no Salnés. Os dous corpos de seguridade amosáronse esta mañá satisfeitos co resultado desta investigación que comezou a finais do 2016.
Publicado en PONTEVEDRA
RIANXO> Esta mañá pasaba xa a disposición xudicial no Xulgado de Instrucción de Garda de Padrón.
RIANXO> O prendido foi localizado a pasada madrugada nun vehículo no polígono industrial de Té. No interior do coche atopouse unha pistola corta de imitación, varias doses de cocaína e uns 70 gramos de marihuana distribuídos en bolsas herméticas. Tamén se lle interviñeron outros obxectos coma tres teléfonos móbiles, unha navalla e diverso diñeiro en efectivo. O detido xa pasou a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución de Garda de Padrón que é quen instrúe o caso.
NOIA> A Policía Nacional detivo en Noia a dúas mulleres e un home por delitos relacionados coa prostitución, contra o dereito dos traballadores e por coaccións e amezas. Presuntamente, forzaban a tres mulleres colombianas a exercer a prostitución nun piso da vila noiesa.  
BOIRO> A actuación levada a cabo pola Garda Civil realizouse nunha vivenda deshabitada situada no lugar de Sandrenzo, na parroquia de Cespón.
NOIA> Os feitos tiveron lugar o pasado seis de decembro.
Venres, 04 Novembro 2016 14:52

Detidos dous pobrenses por narcotráfico

POBRA> A Garda Civil detido a dous pobrenses como autores dun delito de tráfico de drogas. Os detidos abastecían a toxicómanos da comarca do Barbanza desde unha vivenda da Pobra. Na operación interviñéronse, ademais de estupefacientes, diñeiro en efectivo e diversos obxectos de procedencia ilícita.
RIBEIRA> A Policía Nacional acúsaos de ser os presuntos autores de alomenos un total de trece roubos en locais hostaleiros e empresas da localidade.
Publicado en portada
RIBEIRA> A denominada 'Operación Rosiña' levada a cabo por axentes da comisaría ribeirense permitiu a detención de dúas persoas.
MUROS> Axentes da Garda Civil de Muros procederon esta pasada fin de semana á detención de cinco mozos, todos eles menores de idade, como presuntos autores de varios roubos cometidos no instituto Fontexeria e no colexio Ramón de Artaza. Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado os rapaces foron sorprendidos polos axentes nas inmediacións destes dous centros educativos, ataviados con pasamontañas e luvas. Todos eles, residentes en Muros, Esteiro e Outes, confesáronse ser autores dos feitos, entregando todo o material substraído. Entre os obxectos recuperados figuran ordenadores portátiles, auriculares e proxectores.
Luns, 06 Outubro 2014 17:33

Detido un muradán por trapicheo

MUROS> Esta pasada fin de semana a Garda Civil de Muros detivo a un veciño da localidade, de 42 anos, con iniciais D.V.G., por un suposto delito de trapicheo de drogas. No momento da detención os axentes do Instituto Armado intervíronlle unhas oitenta doses de heroína, así como diverso diñeiro en metálico. Segundo informaron fontes policiais o detido xa conta con numerosos antecedentes por feitos similares.
Páxina 1 de 2
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Detención Top of Page

Síguenos en facebook