• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Seis detidos, quilo e medio de cocaína, 10 quilos de sustancias de corte, 5 quilos de marihuana, 210 mil euros en metálico, dous coches e dúas motos. Este é o groso do material incautado pola Policía Nacional e a Garda Civil na operación anti droga no Salnés. Os dous corpos de seguridade amosáronse esta mañá satisfeitos co resultado desta investigación que comezou a finais do 2016.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra>A Asociación do Párkinson de Pontevedra saíu a rúa esta mañá, cunha mesa informativa, co fin de amosar o seu traballo. Co gallo da celebración mundial do día do Párkinson, o 11 de abril, dende esta entidade demandan máis información e investigación sobre esta enfermidade.
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 22 Febreiro 2017 17:25

Seis meses de incógnitas

POBRA> Esta noite cúmprese medio ano da desaparición de Diana Quer. Seis meses nos que as incógnitas son moitas máis que as certezas. As autoridades aseguran que hai avances internos na investigación, pero reafirman que tódalas hipótesis continúan abertas.
Pontevedra> Esta mañá o alcalde de Pontevedra reuniuse co xefe do servizo de Oncoloxía do Hospital  Clínico de Santiago. O obxectivo deste encontro é o de dar a coñecer o programa de investigación do cancro a través da biopsia líquida que lanzan dende o CHUS. Unha iniciativa que está na procura de 500 mil euros de financiamento a través desta campaña de micromecenazgo. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O delegado do Goberno en Galicia falou esta mañá sobre as investigacións do caso de Diana Quer. Santiago Villanueva dixo claramente que non hai pechada ningunha liña de investigación. O delegado sabe que se trata dun caso que avanza moi pouco a pouco e dixo que isto se debe a enorme complexidade e sensibilidade que esperta esta desaparición.  
Publicado en PONTEVEDRA
LOUSAME> A finais desta semana a Policía Xudicial de Noia coñecerá o resultado da autopsia do feto de sete meses de xestación atopado o martes na planta de xestión de residuos de Lousame. A investigación para coñecer a procedencia do corpo é complexa, e céntrase agora nos Centros de Saúde dos concellos implicados.  
LOUSAME> O feto atopado onte por unhas traballadoras na planta de compostaxe de Lousame podería levar varios días depositado nun colector, e que probablemente chegara alí entre o xoves e o venres pasado.  A Garda Civil investiga os itinerarios que realizan os camións de recollida do lixo na comarca.  
POBRA> Moitas incógnitas e poucas certezas, é o balance que se fai sobre o caso da madrileña Diana Que, ó cumprirse esta madrugada tres meses da súa desaparición na Pobra. Fontes oficiais confirman que nestes momentos aínda non se teñen datos exactos sobre o teléfono móbil da moza, atopado hai case un mes en Taragoña.  
Venres, 28 Outubro 2016 19:43

A nai de Diana Quer regresa á Pobra

POBRA> A nai de Diana Quer amósase esperanzada trala aparición do teléfono móbil e continúa convencida de que a súa filla maior está viva. Diana López Pinel regresou onte á noite á súa casa da Pobra, xusto o día no que apareceu o dispositivo. A mediodía puidemos vela saíndo da súa casa, segundo manifestou, cando se dirixía a falar coa Garda Civil. 
Luns, 24 Outubro 2016 17:35

Investigado un ex mozo de Diana Quer

POBRA> A Garda Civil investigou a un ex mozo de Diana Quer que tería borrado varias mensaxes ameazantes enviadas á moza a través das redes sociais. Ademais as amigas da rapaza desaparecida alertaron de actividade recente na súa páxina de Facebook.
Martes, 11 Outubro 2016 20:05

50 días sen Diana

POBRA> Esta semana cumpríronse 50 días da desaparición de Diana Quer. Pasado este tempo continúan abertas tódalas hipóteses, os investigadores contrastan datos de matrículas, teléfonos e testemuñas, e nos últimos días unha área moi concreta parece centrar a busca da policía: 7 quilómetros.
Pontevedra> Deputación de Pontevedra e universidade de Vigo asinarán un convenio co fin de levar a cabo unha investigación para analizar os usos e características dos distintos tipos de compost. Un estudo que terá unha duración de tres anos e que se levará a cabo na planta da Canicouva. 
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 2
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Investigación Top of Page

Síguenos en facebook