Luciano Sobral deixará a alcaldía de Poio ao final deste mandato

POIO> Este será o último mandato de Luciano Sobral. Tras 25 anos como alcalde de Poio, o portavoz nacionalista confirmou esta mañá ao Canal Rías Baixas que deixará o seu posto en 2023. Unha decisión meditada e que obrigará ao BNG a buscar un novo candidato.

Luciano Sobral deixará a alcaldía ao final deste mandato. Así o confirmaba esta mañá o portavoz nacionalista ao Canal Rías Baixas.

Tras 25 anos como alcalde de Poio, Luciano Sobral cre que chegou o momento do relevo. Un relevo que aínda non ten nome e apelidos. Unha das posibles candidatas podería ser Marga Caldas. Sen embargo, o portavoz nacionalista cre que aínda queda moito para tomar esa decisión.

Luciano Sobral asegura que esta é unha decisión moi meditada e que xa fora anunciada ao resto da corporación antes das últimas eleccións municipais. De cara aos vindeiros 3 anos que lle quedan na alcaldía, Sobral márcase como obxectivo principal cumprir cos compromisos acordados no pacto de goberno.

Botando a vista atrás, o alcalde cre nos últimos 25 anos o seu partido fixo un bo traballo para mellorar o Concello de Poio e Sobral está convencido de que así seguirá sendo aínda que el non estea ao fronte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí