• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> Tralo espectacular peche da campaña do ourizo nas confrarías de Aguiño e Ribeira, cunha facturación superior ós novecentos mil euros, o sector busca agora novas saídas. Á apertura de varios bancos de ameixa súmase a ampliación da zona do traballo do percebe.
PORTO DO SON> O peche da pescaría da xarda na provincia da Coruña trae de cabeza á flota de artes menores. Á espera do reconto que determine si xa se esgotou o cupo, as embarcacións vense obrigadas a devolver miles de quilos ó mar.
RIBEIRA> A confraría de Aguiño pechou a campaña do ourizo co mellor resultado dos últimos anos. A cotización acadou máximos históricos cunha media por riba dos oito euros ó longo de toda a campaña, iniciada en xaneiro.
POBRA> A confraría da Pobra demanda unha serie de melloras nas instalacións portuarias. Unhas encamiñadas a dotar o peirao de máis seguridade contra os roubos e as outras para facilitar o traballo dos profesionais.
RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira volvían esta luns ás súas concesións. A pesar de traballar nun banco de Coroso, que levaba máis de medio ano pechados, constataron a escaseza de ameixa. Haberá que agardar ós próximos días para ver como segue a desenvolverse a campaña.
POBRA> Remata o mes de marzo e, con el, a campaña de libre marisqueo en Arousa. Os malos resultados dos tres últimos meses contrastan co bo arranque entre outubro e decembro.
BARBANZA> A Consellería do Mar seguirá a apostar pola colaboración directa co sector no seu plano de actuación ata o 2020. Rosa Quintana comprometeuse á elaboración dun informe anual coas inquedanzas dos profesionais para o seu debate parlamentario.
NOIA> A confraría de Noia contará cunha marca de calidade propia do berberecho da ría a finais de ano. O pósito iniciou unha serie de accións promocionais enmarcadas nun plan estratéxico a desenvolver ata o 2020.
RIANXO> Bo prezo e marisco de calidade, aínda que as capturas non están a ser moi elevadas. Este é o balance que fai o patrón maior de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, do que vai de campaña marisqueira de verán nas súas concesións.
NOIA> O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, visitou as obras que se están a realizar nos pantaláns do Porto de Testal, no concello de Noia. En total, a Consellería do Mar destinará á mellora das instalacións portuarias do municipio máis de 100.000 euros.
BOIRO> A construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras e bateeiras en Cabo de Cruz será por fin unha realidade. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciaba que as obras atópanse actualmente en proceso de licitación e poderían dar comezo xa a principios de ano.
POBRA> O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprobou na Pobra do Caramiñal os resultados das obras realizadas nos últimos meses para a instalación do novo sistema de peche no peirao comercial. A actuación, que supuxo un investimento duns 240 mil euros, permitirá dar cumprimento ó código de seguridade internacional, coñecido coma PBIP.
Páxina 1 de 30
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook