• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> O sector marisqueiro da Ría de Pontevedra volveu hoxe ao traballo despois do peche, debido á toxina, o 5 de abril. Pola contra, no sector bateeiro, continúan todos os polígonos pechados. Un cambio de tempo podería beneficiar a esta situación, que afecta sobre todo, ao mexillón.
Publicado en PONTEVEDRA
NOIA> O mexillón é este ano o homenaxeado no tradicional nacemento do Museo do Mar de Noia. 30 metros cadrados e unhas seis mil cunchas deste bivalvo converten este Belén no máis visitados da comarca do Barbanza. 
VILAGARCÍA> A Conselleira do Mar presidiu este mediodía a Comisión do Mexillón. O órgano convocouse para avaliar un plan de modernización das bateas, que permita aos produtores seguir beneficiándose dos fondo estruturais da pesca da Unión Europea. E é que dende Bruxelas rexeitaron seguir financiando os modelos actuais.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
GALICIA> A Consellería do Mar aposta por unha denominación de orixe protexida para o mexillón de Galicia que agrupe os intereses de toda a cadea do sector miticultor. Así o explicou Rosa Quintana, nunha comparecencia no Parlamento, na que destacou a necesidade de clarexar os criterios de etiquetaxe do mexillón galego na conserva.
RIBEIRA> A Conselleira do Mar visitou o cocedoiro de mexillón Barrañamar, situado no polígono de Couso, en Ribeira. Alí, Rosa Quintana destacou á comarca do Barbanza coma unha das zonas de maior produción de mexillón de toda Galicia, supoñendo o 25% das descargas que se producen en toda a comunidade.
BOIRO> A exaltación do mexillón de Cabo de Cruz vai camiño de converterse nunha das festas gastronómicas máis multitudinarias de Galicia. Nesta decimo cuarta edición repartíronse máis de cinco mil quilos de bivalvo superando tódalas expectativas da organización.
BOIRO> A parroquia boirense de Cabo de Cruz ultima xa os detalles da celebración da festa de exaltación do Mexillón, que terá lugar esta fin de semana no peirao. A cita coincidirá tamén coa disputa da vixésimo quinta edición da Bandeira de Traíñas Concello de Boiro, proba incluída no calendario da Liga ACT-San Miguel.
BARBANZA> Reabren a maioría dos polígonos bateeiros de Arousa trala remisión da marea vermella. Xa se pode faenar en toda a ría a excepción dun polígono de mexillón en Cambados e outro de ostra no Grove. Tamén permanecen abertas tódalas concesións marisqueiras.
BARBANZA> A industria conserveira non estará obrigada a identificar a orixe do mexillón no etiquetado das latas. A Unión Europea rexeitou a petición dos produtores polo elevado custe que suporía a súa aplicación.
BARBANZA> O Balance Anual da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia non pode ser máis satisfactorio. Durante o 2014 duplicáronse as certificacións cun máis de trinta e tres millóns de quilos de mexillón certificado nos portos da comunidade.
Publicado en portada
BARBANZA> A marea vermella mantén pechados tódolos polígonos bateeiros de Galicia e varias zonas de extración de bivalvo. As consecuencias nótanse dende hai días nos mercados coa ausencia total do molusco e cos prezos da ameixa disparados.
Páxina 1 de 3
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Mexillón Top of Page

Síguenos en facebook