• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos.
Publicado en PONTEVEDRA
RIANXO> En total investiranse preto dos corenta mil euros que serán destinados a rehabilitar as pasarelas de madeira e en instalar aseos adaptados. A institución provincial levará este venres a pleno a aprobación dun proxecto para rehabilitar os accesos e mellorar as dotacións do paseo marítimo de Té e as praias do Pazo e a Torre. As obras terán un orzamento total de preto dos 40 mil euros, dos cales a Deputación aportará o 80%, ó redor duns 31 mil euros, e incluirán a rehabilitación da ponte peonil que conecta os dous areais, así coma as pasarelas de acceso ós mesmos. A actuación verase tamén complementada coa instalación de dous novos aseos no parque situado na zona da antiga conserveira.
A ILLA> Portos de Galicia mellora as condicións de traballo no porto do Xufre na Illa de Arousa. O ente autonómico investiu nestas accións uns 21.000 euros, que tal e como lles diciamos, axudaran a mellorar as condicións dos traballadores que fan uso do porto.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Hoxe comezaron os traballos de construción de beirarrúas no lugar de Burgáns, en Cambados. A obra busca mellorar a seguridade viaria neste entorno, no que se atopa o colexio Enrique Barreiro. O orzamento é de case 73.000 euros e estarán rematadas en tres meses. En tres meses, o lugar de Burgáns contará con novas beirarrúas. O concello de Cambados xa ten en marcha as obras de construción, que tamén mellorarán a capa de rodadura do vial. Segundo explicou Abal, a vía na que se actúa é especialmente transitada, ao conectar unha estrada autonómica cunha provincial. Tamén polas instalacións que se atopan no entorno. Para afondar nesta mellora da seguridade viaria, o concello engadirá unha modificación no proxecto inicial, coa instalación de dous redutores de velocidade no entorno. Os traballos están incluídos no Plan Concellos da Deputación, contan cun orzamento de case 73.000 euros, e teñen un prazo de execución de tres meses.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O concello de Pontevedra axilizará con dous contratos marco, de 100 mil euros anuais, as obras de mantemento dos colexios da cidade. Con este convenio preténdese eliminar a burocracia administrativa e axilizar a resposta ás necesidades dos centros escolares.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA>Setembro é o mes escollido para dar saída ao inicio das obras que suporán a mellora da accesibilidade na rúa Alexandre Bóveda, na capital de provincia. Unha intervención que terá un custe de 240.000 euros.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra actuará en dúas novas rúas do entorno de Santa María. O goberno local xa traballa en varios puntos desta zona do casco histórico, pero hoxe anunciou que acometerá a reforma integral das rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. A actuación contará cun investimento duns 150.000 euros. O concello de Pontevedra avanza na rehabilitación do entorno de Santa María, no caso histórico da cidade. Gulías visitou as obras que se están a realizar nas rúas Pratería Vella e Tristán Montenegro, financiadas con cargo ao ARI. Dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados. Trala visita, a edil anunciou que está previsto rehabilitar dúas rúas máis do entorno de Santa María. Actuacións que contarán cun investimento total de 150.000 euros. Unha das novidades que se aplicou na reforma da rúa Praterías atópase no pavimento. Por primeira vez, o concello utilizou a pedra plana no centro e a chapacuña nos laterais, para evitar posibles problemas de accesibilidade. Non descartan aplicar esta fórmula noutras zonas.
Publicado en PONTEVEDRA
PORTO DO SON> A Xunta de Galicia investiu máis de trinta mil euros nas obras de mellora da accesibilidade do CEIP Santa Irene en Porto do Son. O delegado territorial na Coruña supervisou esta mañá os traballos consistentes na construcción dun baño adaptado e a dotación de rampas nos accesos ás aulas e á biblioteca.
Pontevedra> Trala manifestación dos veciños, do rural pontevedrés, o pasado sábado contra os lombos, o Goberno Local ven de anunciar a implantación destes redutores no núcleo de Cerponzóns. O voceiro do Goberno Local ten claro que Pontevedra seguirá apostando polo seu modelo de cidade no centro e no rural.
Publicado en PONTEVEDRA
LOUSAME> As actuacións previstas incluirán a construción dun patio cuberto e a renovación do parque infantil público existente no interior do recinto. O proxecto de cuberta exterior no colexio Cernadas de Castro será asumido pola consellería de Educación e consistirá na creación dun patio cuberto no que se empregará policarbonato celular e paneis nervados, un material axeitado para as condicións climatolóxicas da zona. O patio, que permitirá que o alumnado do centro conte cun espazo máis amplo para as actividades no exterior sen depender da meteoroloxía, está orzamentado nuns 60 mil euros. En canto á outra actuación prevista, a da renovación do parque público existente no centro, ascenderá a uns 63 mil euros, dos que a consellería da Vicepresidencia achegará uns 40 mil e a cantidade restante será asumida polo propio Concello. Entre os traballos a desenvolver figuran a renovación dos elementos de xogo existentes e a colocaión doutros novos, cumpríndose así as medidas de prevención de riscos e de seguridade deste tipo de espazos.
RIANXO> A actuación ascenderá a máis de catorce millóns de euros, xa que ás obras de mellora na depuradora haberá que engadirlle a construción dun novo tanque de tormentas. Tratábase dunha vella demanda, incluída xa no Plan de Saneamento da Ría que debería estar xa rematada no 2015. Aínda así o executivo rianxeiro mostrou a súa satisfacción porque a obra sexa en breve unha realidade. Dende o goberno local confíase en que a actuación veña a solucionar os problemas existentes na actual EDAR, xa que as instalacións son a todas luces insuficientes para poder asumir o tratamento procedente da rede de saneamento. Dende o Concello agardan a que a obra se acometa coa máxima brevidade posible. O orzamento da actuación ascende a máis de catorce millóns de euros. Trala ampliación a nova EDAR terá unha capacidade para unha poboación dun 23 mil habitantes, o dobre da poboación actual.
MUROS> A actuación, que virá a solucionar as graves deficiencias que presenta o paseo marítimo, ascende a preto do millón de euros. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, confía en que nas próximas semanas se inician as obras de remodelación do paseo marítimo de Esteiro. Unha obra pola que levan agardando dende hai tempo xa que a infraestrutura presentaba un avanzado estado de deterioro. O custe da actuación rondará o millón de euros. Unha cantidade que será asumida pola propia Demarcación de Costas, ente dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O executivo agarda que se acometa a actuación á maior brevidade posible xa que o paseo segue pechado ó transito a día de hoxe.
Páxina 1 de 25
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Obras Top of Page

Síguenos en facebook