• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Dende o PP Galego criticaron, unha vez máis, a xestión que na Deputación está levando o goberno bipartito, especialmente a de Carmela Silva. Os populares cren que a presidenta se debería centrar na execución dos orzamentos provinciais e en activar as obras paralizadas nos últimos meses.
Publicado en PONTEVEDRA
MUROS> A súa presentación, así como a dos membros que integran a agrupación, tiña lugar na noite de onte, nun acto que estivo presidido polo secretario provincial do PP na Coruña, Diego Calvo. Na súa intervención Vázquez Rama mostrouse ilusionado e con moitas ganas de iniciar unha nova etapa, centrada no optimismo e na dinamización do partido en Muros, poñéndose xa coma reto, a curto prazo, os vindeiros comicios europeos. O novo presidente da xestora do PP muradán criticou tamén a actitude caciquil da alcaldesa, Caridad González, que segundo el goberna en minoría e actúa como se o concello fora da súa propiedade. Pola súa banda o secretario provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, destacou que a nova agrupación, nace co obxectivo de aglutinar a tódolos populares de Muros e de traballar para que os cidadáns deste concello sigan confiando no seu proxecto político.
VILANOVA> O PP Provincial de Pontevedra organiza mañá en Vilanova a súa tradicional cea de confraternidade de Nadal. O pavillón polideportivo vilanovés quedouse pequeno para atender a alta demanda de simpatizantes que solicitaban asistir. Entre os comensais encontrarase o Presidente da Xunta de Galicia e a Ministra de Fomento.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANTIAGO> Tódolos grupos da oposición no Parlamento Galego presentaron esta mañá enmendas á totalidade dos orzamentos autonómicos para o 2014 e unha por unha foron rexeitadas pola maioría absoluta do Partido Popular. Segundo a conselleira de Facenda, as contas da Xunta para o vindeiro ano serán as que marquen a senda da recuperación económica. Para PSOE, Alternativa e BNG son uns presupostos ‘inxustos’, un ‘austericidio’ e da ‘esperanza cero’.
Publicado en GALICIA
PONTEVEDRA> As principais cidades galegas volven a elevar as bandeiras azul e negra que marcaron o símbolo do movemento Nunca Máis. Este venres a plataforma convocou mobilizacións en rexeitamento á sentencia do Prestige, que pechou a maior catástrofe medioambiental de Galicia sen culpables. O Prestige marca un día máis a actualidade informativa e as reaccións seguen a sucederse. As posibilidades de presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo quedan practicamente desbotadas desde diferentes colectivos. No plano político, tamén seguen os pronunciamentos. Entre eles, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
Publicado en PONTEVEDRA
POIO> Despois de anos denunciando a xestión, ou mala xestión económica do goberno de Poio, a agrupación do partido popular deste municipio decidiu dar un paso máis e ir ós tribunais. O pasado día catro remitiron un dossier á Fiscalía con documentación na que se recollen datos polos que, segundo os populares, o alcalde Luciano Sobral podería ser ‘imputado ou inhabilitado’
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 06 Novembro 2013 14:58

Louzán rende contas no Parlamento

PONTEVEDRA> O presidente provincial compareceu esta mañá ante o Parlamento de Galicia para dar conta dos orzamentos que manexará a Deputación de Pontevedra de cara o ano que vén. Falouse de presupostos, pero tamén do financiamento da Volta Ciclista ou do proxecto Pousadas do Salnés. Louzán tivo tempo incluso para lanzar unha mensaxe a prol da dignificación da política.
Publicado en PONTEVEDRA
SANTIAGO> O debate sobre o estado da autonomía concluíu hoxe coa votación das duascentas iniciativas presentadas polos grupos parlamentarios. Só dúas foron aprobadas pola totalidade dos deputados da cámara, unha proposta do BNG sobre as preferentes e outra sobre os problemas da flota pesqueira en Mauritania. Partido socialista e Popular non lograron poñerse de acordo en ningunha das iniciativas nunha sesión final marcada polas críticas da oposición ás políticas da Xunta, as que cualificaron como criminais e inxustas.
Publicado en GALICIA
PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra ven de valorar a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deixa o camiño libre á construcción do novo Hospital de Montecarrasco. Logo de que o Concello anunciase que non ía a recorrer, os Populares entenden neste xesto unha aceptación tácita de que este proxecto é axeitado.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> O alcalde, Isaac Maceiras, amosou a súa satisfacción pola inclusión, nos ornamentos xerais do estado, dunha partida de carácter xenérico, para levar a cabo esta actuación.
PONTEVEDRA> O borrador dos presupostos do estado para 2014 que onte presentaba oi ministro de Facenda provocou unha riada de reaccións e valoracións en canto á súa repercusión local. Os primeiros en saír á palestra foron os propios integrantes do Partido Popular, nun intento de explicar o contido das contas sempre aludindo ó contexto da crise.
Publicado en PONTEVEDRA
Venres, 27 Setembro 2013 18:58

O PP de Noia presenta 20 alegacións ó PXOM

NOIA> O grupo municipal do Partido Popular de Noia presentou no rexistro do concello as súas alegacións ó documento de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal a escasos días do remate do prazo de exposición pública. Os populares recollen un total de 20 emendas, que agardan que o equipo de goberno as teña en conta e as incorpore ó futuro documento.
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: PP de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook