09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra veu reducido o seu índice de criminalidade nun 1 por cento no que levamos de ano, un dato que destaco ou Comisario Provincial da Policía Nacional esta mañá, durante a celebración dos Anxos Custodios, patróns do corpo. Un acto, celebrado en Pontevedra, que reuniu a destacadas autoridades civís, militares e policiais da provincia, así como a ducias de axentes e familiares. Pontevedra celebrou esta mañá a festividade dos Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional. Como é habitual o acto, ó que asistiron destacadas autoridades civís, militares e policiais, serve para recoñecer publicamente a labor desenvolvida polos seus axentes e entregar as condecoracións ós efectivos homenaxeados neste ano. Pero sen dúbida, o acto deste ano estivo marcado polas boas novas en materia de seguridade na provincia, tal e como destacaron, tanto o Comisario Provincial como a Subdelegada do Goberno. Con respecto ó ano pasado os índices de criminalidade baixaron un 3,5 por cento, e un 1 por cento, no que levamos de ano. A subdelegada, Ana Ortiz, lembrou tamén os principais retos ós que se enfronta a policía nestes momentos, que son o nivel de alerta 4 por terrorismo xihadista e os ciberdelitos. Durante o acto de celebración dos Anxos Custodios, condecorouse, ademais de a axentes polo seu mérito policial, tamén a particulares que realizaron servizos de colaboración axudando a outros cidadáns en apuros. Ó final do acto houbo tamén un recordo e unha ofrenda floral para lembrar ós compañeiros caídos en servizo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Seis detidos, quilo e medio de cocaína, 10 quilos de sustancias de corte, 5 quilos de marihuana, 210 mil euros en metálico, dous coches e dúas motos. Este é o groso do material incautado pola Policía Nacional e a Garda Civil na operación anti droga no Salnés. Os dous corpos de seguridade amosáronse esta mañá satisfeitos co resultado desta investigación que comezou a finais do 2016.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O padexeiro Óscar Graña volveu ser protagonista esta mañá dun rescate no río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, rescataba a unha muller que se estaba a afogar á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O padexeiro Óscar Graña volveu converterse nun heroe nas augas do río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, estaba adestrando na súa piragua cando detectou un corpo flotando á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O rescate non foi sinxelo. Segundo explicou o propio Graña, a muller xa estaba inconsciente, e o peso da roupa que levaba dificultou o desprazamento ata a beira. Unha vez a salvo, prestoulle os primeiro auxilios. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e unha ambulancia, que trasladaron a muller ata o servizo de urxencias do Hospital Montecelo. Non é a primeira vez que Óscar Graña, campión do mundo de piragüismo de maratón, salva a unha persoa de morrer afogada nas augas do río Lérez. Xa o 30 de xullo de 2015 rescatara a outra muller no entorno da Ponte da Barca. Segundo contou Graña, foi a propia vítima a que lle explicou que estaba a tratamento psiquiátrico, que tivera problemas na casa e que ameazara con suicidarse. O fillo desta pontevedresa duns 60 anos xa se puxera en contacto coa Policía Local para denunciar a súa desaparición.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O operativo desenvolvido pola Policía Nacional en Aguiño saldouse con dous detidos e a intervención de preto de 160 gramos de cocaína e de 130 de heroína, así como diversos efectos e diñeiro en metálico.
Pontevedra> Alertar aos máis novos do perigo de Internet, ese é o obxectivo que teñen dende a Policía Nacional coas charlas que están impartindo en diferentes centros escolares. Hoxe, tocoulle a quenda, o CEIP de Campolongo. Un espazo onde os máis pequenos aseguraron estar alerta e ser moi precavidos coas redes sociais.
Publicado en PONTEVEDRA
NOIA> A Policía Nacional detivo en Noia a dúas mulleres e un home por delitos relacionados coa prostitución, contra o dereito dos traballadores e por coaccións e amezas. Presuntamente, forzaban a tres mulleres colombianas a exercer a prostitución nun piso da vila noiesa.  
VILAGARCÍA> Vilagarcía ten novo xefe da Comisaría Local, trátase do Inspector Xefe José Emilio Rodríguez Ramos. A toma de posesión foi presidida polo Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A Unión Federal de Policía insiste na súa petición de chalecos antibalas para todos os seus axentes tralo incidente ocorrido a noite do sábado en Vilagarcía.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> Catro dos detidos pasaron xa a disposición xudicial mentres que o quinto quedou en liberdade despois de prestar declaración.
 VILAGARCÍA> Os ladróns xa non esperan a que se faga de noite para roubar… e si non que llo digan a unha veciña de O Piñeiro, entre Sobradelo e Fontecarmoa, que este domingo tivo que ver como dous descoñecidos entraban a roubar na súa vivenda, mentres ela estaba no seu interior…
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> Funcionarios da comisaría da Policía Nacional procederon á detención de dous mozos veciños da Pobra do Caramiñal de vinte e cinco e vinte e seis anos de idade como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas. As pesquisas realizadas polos axentes durante varios meses posibilitou esta operación. No momento da súa detención viaxaban no interior dun vehículo portando unhas 150 'bellotas' de haxíx cun peso aproximado de 1600 gramos. Posteriormente nos rexistros realizados nos seus domicilios incautáronselles cincocentos setenta gramos de cocaína, substancia de corte, 32 'bellotas' máis de haxix cun peso aproximado de 320 gramos, tres botes de cristal con marihuana, catro pesas, un total de once teléfonos móbiles e unha prensa hidráulica, ebtre outros efectos. Os dous detidos contan con antecedentes policiais por furto, e un deles xa foi detido por tráfico de estupefacientes durante a denominada operación 'Rufus'.
PONTEVEDRA> A Policía Nacional de Pontevedra desprazouse este mércores ata o colexio “As Doroteas” en Pontevedra para facer unha charla coloquio cos alumnos de 2º da ESO sobre os riscos que ten a rede.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 3
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Policía Nacional Top of Page

Síguenos en facebook