09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
POIO > En Poio, un colectivo veciñal entregou no Concello máis de 1.000 sinaturas contra o proxecto de reurbanización da Caeira, que pretende levar a cabo o goberno local. Ademais, a plataforma de afectados sumou outros 600 apoios a través dunha plataforma dixital. O proxecto que o concello de Poio puxo sobre a mesa suporía suprimir o sentido de baixada nas rúas Pernas Peña e Mato Calderón. A intención do goberno local é amplia-las beirarrúas, para que o peón gañe peso fronte os vehículos. Dende a plataforma de afectados indican que están a favor da humanización dos viais da súa parroquia, pero apuntan que o sentido único incrementaría os atascos. Esta mañá presentaron no rexistro do concello 1000 sinaturas físicas e outras 600 recollidas a través da plataforma Change. Esta tarde, afectados e goberno local celebraron unha xuntanza para tentar chegar a un entendemento. O colectivo de afectados lamenta as formas do executivo local, porque –din- souberon da reunión polos medio de comunicación. O alcalde, pola súa banda, recoñeceu que se equivocaron á hora de face-la convocatoria, pero que –así e todo- a intención do seu equipo é darlle forma a un proxecto de humanización da zona que guste á meirande parte dos veciños. Dende a plataforma de afectados propóñenlle ó Concello que estude alternativas, como a contrución dun vial na zona do Vao que alivie o tráfico na Caeira.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O novo edificio xudicial da Parda estará listo no segundo semestre do 2018. Esta infraestrutura contará cun investimento superior aos 17 millóns de euros , e albergará 28 unidades xudiciais en mais de 21 mil metros cadrados.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O concello de Pontevedra recorrerá a autorización ambiental integrada de Elnosa concedida pola Xunta de Galicia. A concelleira nacionalista Carme da Silva considera que se trata dunha decisión de carácter político que pon en risco a vida de miles de persoas de Pontevedra.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA > Xa está á venda o calendario solidario en beneficio dos nenos que padecen a síndrome de deleción 1P36. A iniciativa busca recadar fondos para os custosos tratamentos que reciben os pequenos afectados e tamén para incentiva-la investigación. Na iniciativa colabora a Deputación de Pontevedra. A síndrome de deleción 1P36 é unha enfermidade rara, baseada na perda no cromosoma 1, que leva a información máis importante do noso ADN. Isto fai que teñan moitos problemas no seu crecemento. Para darlle resposta a este problema e a custea-las caras probas médicas e a súa investigación, hai 2 anos creouse unha asociación da man de 5 familias da provincia de Pontevedra. Agora, o o colectivo lanzou un calendario solidario, cun título moi representativo. Na inciativa colabora a Deputación de Pontevedra. A súa presidenta demandou que se destinen máis recursos á investigación deste tipo de doenzas consideradas raras. O calendario solidario pódese mercar en Tui, Vigo e tamén en Boiro.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA > Comisións Obreiras cre que o convenio de colaboración para a cidade infantil Príncipe Felipe, asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta, só serve “para saír do paso”. Así o indicaron os responsables da central, que tamén aproveitaron para reclamar que o centro acolla máis menores. Dende Comisións Obreiras cren que o convenio entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra é unha oportunidade perdida para buscar solucións ás moitas necesidades sociais dos concellos da provincia, tendo en conta –din- o número de familias desestruturadas ou con problemas de adaptación que poderían ter cabida no Príncipe Felipe. Entenden dende o sindicato o convenio foi pechado en falso e que, a día de hoxe, é un luxo manter o centro por baixo da súa capacidade. Segundo os datos achegados polo sindicato, das 274 prazas das que dispón o centro, só están ocupadas a día de hoxe 198. Demandan que o centro traballo ó 100% da súa capacidade, porque entenden que co mesmo gasto se poderían atender a moitos máis menores, xa que –segundo din- o número de traballadores se mantería. Segundo o acordo entre administración provincial e autonómica, dos máis de 10 millóns de euros orzamentados para o Príncipe Felipe, a Xunta vai aportar uns 780.000. O centro, dependente da Deputación de Pontevedra, comezará a rexerse polo novo convenio o un de xaneiro. Será a partir dese día cando a Xunta faga efectiva a súa renuncia a facer uso do Servizo da Unidade de Primeira Acollida e acate que os informes técnicos do persoal provincial sexan determinantes á hora de decidi-la entrada ou saída de menores do centro. Ademais, a partir do primeiro día de 2018, o Príncipe Felipe deixará de acoller menores violentos e conflitivos.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> As Rías Baixas contaron cunha ocupación do 50 por cento na ponte da Constitución. Uns datos que se sitúan por debaixo do estimado. A cicloxénese explosiva Ana tivo a súa repercusión neste resultado. O Turismo rural acadou unha ocupación media do 35,14 por cento, 25 puntos máis que no mesmo período do 2016.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A cicloxénese explosiva Ana deixou 52 intervencións directas no concello de Pontevedra. O voceiro do Goberno Local informou de que se tratou, en todos os casos, de incidencias menores. E debido a este temporal, a situación da seca vaise recuperando, o caudal do río Lérez conta con 60,86 metros cúbicos segundo, catro veces máis que na mesma época o pasado ano.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O alumeado de Nadal tampouco gusta no concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local veñen de presentar unha queixa oficial á empresa encargada de dita iluminación. Un alumeado, que segundo Anabel Gulías, non cumpre coas expectativas dos pontevedreses.
Publicado en PONTEVEDRA
POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
Publicado en PONTEVEDRA
Venres, 01 Decembro 2017 18:37

Bota a andar o "CULTURDEZ"

Pontevedra> 128 expositores ofrecer os seus produtos nesta décima edición do Culturgal. Como novidade neste ano, a apertura de fronteiras, coa presenza de Portugal e un novo espazo expositivo de arte contemporánea. Todos os que participan neste iniciativa coinciden ao afirmar que esta cita é unha oportunidade única para darse a coñecer en todo o país.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Os representantes dos partidos políticos de Pontevedra fixeron esta mañá unha valoración sobre o ERE que inicia ELNOSA. Dende o PP din que unha moi mala nova para a cidade, MAREA e BNG comparten que esta empresa era coñecedora de que non podía seguir co seu traballo na ría de Pontevedra e que tiveron tempo suficiente para cambiar, se o desexaban, a súa ubicación.
Publicado en PONTEVEDRA
Xoves, 30 Novembro 2017 19:25

ELNOSA inicia un ERE

Pontevedra> Debido aos distintos procesos administrativos nos que se atopa a emprea ELNOSA, a clorera informou esta tarde de que inicia un proceso de Expediente Regulatorio de Emprego. A compañía ven de convocar aos representantes dos traballadores no día de hoxe a unha reunión para comezar con dito proceso.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 87
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook