Prezos de récord na sardiña ante a inestabilidade das capturas

    prezosardina copia.jpg PORTONOVO> Os mariñeiros non agardan problemas de abastecemento cara o San Xoán, pero si alertan do caro que irá o quilo do peixe.

    {flowplayer}images/salnes/CapturasSardina130612.flv{/flowplayer}

    Se xa de por si coa chegada do San Xoan os prezos da sardiña se disparan, este ano parece que a situación podería mesmo bater records. E é que a falta aínda de algo máis dunha semana o quilo de sardiña sitúase xa ó redor dos seis euros en lonxa. A escaseza desta especie nas últimas semanas foi a causa de que se disparasen os prezos e aínda que agora parece que as capturas melloran, a inestabilidade segue sendo a tónica dominante.

    Preparémonos para a subida aínda maior que se podería producir a semana que ven, pois a medida que se achegue a noite de San Xoán dispararase a demanda, haberá que ver ademais cómo evolucionen as capturas, polo de agora, no mercado local non debería haber problemas.

    O que si defenden os mariñeiros é a calidade deste produto, que para moitos se atopa agora no seu mellor momento. Malia todo, para o presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra e patrón maior de Portonovo, non é xuño o mellor mes deste peixe. Pero segundo di, hai que aproveitar o mercado.

    E é que opinións aparte, segundo di o refrán en San Xoan a sardiña molla o pan. Veremos se así as cousas e máis en tempos de crise, non se converte esta tradición en todo un luxo.

    Redacción Salnés