O proxecto do Centro Deportivo Municipal de Campolongo xera expectación entre os usuarios

PONTEVEDRA > Xa está case todo listo para que poidan comezar as obras de mellora e de ampliación do Centro Deportivo Municipal de Campolongo. A rehabilitación integral das instalacións comezará o 1 de abril e está previsto que dure seis meses.

Os técnicos municipais deron xa o seu aval ao novo proxecto construtivo que converterá a piscina de Campolongo nun gran Centro Deportivo Municipal.  Trátase dunha rehabilitación integral coa que se ampliará o actual conxunto deportivo e co que aumentarán o número de actividades.

O proxecto está xerando moita expectación e máis da metade dos socios actuais xa reservaron a súa praza para outubro, que será cando finalicen as obras. O proceso de admisión para a xente non vinculada coa piscina abrirase o 11 de marzo.

O proceso de contratación da construtora que vai a facer as obras na piscina está moi avanzado. Cabe recordar que contará cun orzamento de máis de 4,5 millóns de euros co que se pretende duplicar as instalacións actuais.