09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra>A seca continúa en Galicia, a lo menos durante esta semana. Trala activación de alerta decretada por Augas de Galicia, hoxe na delegación da Xunta en Pontevedra, mantiveron unha reunión con todos os concellos que se abastecen a través do sistema do Lérez e a Ría de Pontevedra. Dende Augas de Galicia din que a situación non é alarmante, pero que dende as administracións públicas deben adiantarse á choiva e tomar medidas o antes posible.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O BNG emprenderá unha batalle legar e social contra a incidencia supramunicipal de Elnosa. Os nacionalistas consideran que esta empresa quere chegar a un acordo pola porta de atrás. Dende o Bloque teñen claro que o PP e o Goberno Galego apoian a continuación de Elnosa na ría de Pontevedra.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O sector marisqueiro da Ría de Pontevedra volveu hoxe ao traballo despois do peche, debido á toxina, o 5 de abril. Pola contra, no sector bateeiro, continúan todos os polígonos pechados. Un cambio de tempo podería beneficiar a esta situación, que afecta sobre todo, ao mexillón.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Esta decisión da papeleira pontevedresa deixou numerosas reaccións políticas ao longo da xornada. En primeiro termo, dende as filas populares, acusan ao Goberno Local do BNG de que ENCE decidise investir primeiro en Huelva que na capital de provincia, xa que din, non se senten apoiados na cidade. Dende o Goberno Local, pola súa banda, cren que é un bo momento para que a papeleira abandone a ría de Pontevedra.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A Plataforma polo Saneamento da Ría tentará reunir a alcaldes, Xunta de Galicia e Augas de Galicia para solucionar o problema de E.coli que sofren as augas da ría de Pontevedra. Fernández Lores comprometeuse a estar presente nesa reunión e a colaborar, pero lembra que a responsabilidade é da institución autonómica.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A Ría de Pontevedra prepárase para acoller a primeira Regata Interclubes. Os náuticos de Sanxenxo, Portonovo e Beluso, o RO Yachts Club de Combarro, o Real Club de Mar de Aguete e a Escola Naval de Marín, ademais da Deputación de Pontevedra, organizan este evento, co que pretenden impulsar a vela de inverno.
Publicado en DEPORTES
 
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Os peiraos autonómicos da ría de Pontevedra continúan a mellorar os datos de barcos en tránsito. Segundo Portos de Galicia, no mes de xullo recibiron máis de 420 embarcacións, un incremento que nas dársenas deportivas de Pedras Negras, Portonovo, Sanxenxo e Combarro acadou o 7% respecto do mesmo mes de 2013.
Publicado en PONTEVEDRA
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Ría de Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook