• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Máis de 100 mil persoas visitaron ao longo do 2016 a Ruta do Viño Rías Baixas. Rexístrase así, un incremento do 15 por cento en relación ao 2015. Este primeiro balance, baseado nos datos do informe da Asociación de Cidades Españolas do Viño, foi presentado esta mañá polo presidente da Ruta do Viño e pola xerente desta entidade.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> O turismo disparouse durante esta Semana Santa conseguindo segundo sinalan fontes do sector cifras de ocupación históricas. A ocupación en Sanxenxo durante estas datas sinaladas achegouse a case o 90% da oferta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra agardan unha ocupación do 75 por cento para a Semana Santa nas Rías Baixas. A presidenta dixo esta mañá que se agarda a mellor Semana Santa dos últimos anos para a provincia. Concellos como os de Sanxenxo, Pontevedra ou O Grove estarán rozando o cheo durante este periodo vacacional.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> Cambados viviu o pasado sábado o inicio do programa de actividades deseñadas para conmemorar o seu nomeamento como Cidade Europea do Viño 2017. A gala de presentación que finalmente tivo que celebrarse no Salón Peña, por mor do tempo, e non en Fefiñáns como inicialmente estaba previsto, cumpriu todas as expectativas do executivo da vila, como así nolo explicou o edil de Enoturismo, José Ramón Abal.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A maxia, a bicicleta en familia e as actividades accesibles son as principais novidades que nos oferta o programa deste 2017 da Ruta do Viño Rías Baixas. A vindeira cita terá lugar o 10 de marzo con motivo do día da muller. Nesa xornada a Denominación de Orixe Rías Baixas ofrecerá unha cata para mulleres no Pazo de Mugartegui.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> Os taxis de Cambados xa promocionan o recente galardón adquirido pola vila, que a acredita como Capital do Viño 2017. Unha acción ca que se pretende dar máis difusión a este recoñecemento.  
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> A praia de O Terrón terá un novo aparcamento para solucionar os problemas de estacionamento na época estival. Un terreo privado, dunha dimensión de 5.000 metros, cedidos por particulares durante  5 anos ao concello de Vilanova, para desafogar esta zona tan transitada no verán.  
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O mes de outubro deixou uns resultados máis que positivos para o turismo nas Rías Baixas cun 63 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo chegaron ao 73 por cento no aloxamento. Uns datos que deu a coñecer esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva dixo que conseguir estes datos no mes de outubro tradúcese nunha moi boa noticia para o turismo da provincia. 
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> Unha actividade accesible coa asociación Down Santiago, unha cata a bordo dun catamarán e a V Cata Amateur, compoñen o programa co que a Ruta do Viño Rías Baixas conmemora o Día Europeo do Enoturismo.
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra>  A chegada de turismo neste verán aumentou un 31 por cento nas Rías Baixas en relación ao pasado ano. Tal e como afirmou esta mañá a presidenta da Deputación trátanse dos mellores datos para provincia dende hai 17 anos. Uns resultados que Silva calificou de extraordinarios e que permiten que o sector poida asegurar o seu futuro. 
Publicado en PONTEVEDRA
Martes, 27 Setembro 2016 18:44

Potenciar a marca Rías Baixas

PONTEVEDRA> A deputación de Pontevedra congregou esta mañá ás portas do Pazo Provincial a alcaldes, empresas e entidades vencelladas co turismo das Rías Baixas. O obxectivo botar a andar o plan director de turismo, que terá como principal novidade que calquera medida que se tome relacionada con este asunto será sempre consensuada co sector.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> Algúns importadores de viños de Nova York estiveron este xoves en O Salnés. Esta visita enmarcase dentro da acción comercial dunha empresa de recente creación, que se dedica a exportación de viños españois aos Estados Unidos. Un mercado que representa o 50% do total das exportacións dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 3
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Rías Baixas Top of Page

Síguenos en facebook