• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> O concello de Pontevedra presentou esta mañá a remodelación da Rúa Cruz Vermella. Uns traballos que contarán cun investimento de un millón 400 mil euros e 10 meses de prazo de execución. Unha reforma que prevé a creación dunha praza entre Álvaro Cunqueiro e Padre Gaite.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> No ecuador da lexislatura, o alcalde de Pontevedra ven de presentar unha remodelación do Goberno Local. Un cambio onde non mudan as caras dos concelleiros pero sí as áreas que levarán a partir de mañá venres. Anabel Gulías, Alberto Oubiña e Demetrio Gómez saen reforzados con este cambio, que Lores cualifica de moi positivo.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O conselleiro de Sanidade en funcións anunciou esta mañá que dende a Xunta de Galicia executarán as obras de ampliación e remodelación do actual centro de saúde da Illa de Arousa. Unhas obras que farán deste inmoble un lugar accesible e cómodo para os máis de 4800 pacientes da zona. Jesús Vázquez estima que estes traballos comecen o vindeiro ano. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> O executivo noiés iniciaba hai uns días as obras de remodelación da alameda. Trátase dunha obra que xa deixou tramitada o anterior goberno municipal. Os traballos teñen coma principal finalidade a substitución do vello pavimento, cheo de gretas e fendas, por outro novo enlousado. A actuación conta cun investimento próximo ós 290 mil euros que irán con cargo o Plan de Aforro e Investimento da Deputación da Coruña. A intervención levará aparellada tamén o acondicionamento dos xardíns de Felipe de Castro, onde, ademais da mellora da zona axardinada, se instalará novo alumeado e mobiliario urbano.
POBRA> Esta semana iniciáronse as obras de urbanización e acondicionamento da travesía da rúa Venecia. A actuación, presupostada nuns 219 mil euros, será financiada con cargo ó Plan DTC93 da Deputación da Coruña. Con ela o executivo pobrense pretende adecentar esta zona na que se concentra o centro de saúde, a residencia e o pavillón polideportivo, e na que nun futuro inmediato se porá tamén en funcionamento o centro de día.
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Remodelacion Top of Page

Síguenos en facebook