• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra recibiu esta mañá a Óscar Graña. Unha recepción onde o comisario provincial, e a propia Subdelegada, anunciaron que Graña será proposto para unha nova condecoración polo seu novo rescate a unha muller no río Lérez.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O padexeiro Óscar Graña volveu ser protagonista esta mañá dun rescate no río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, rescataba a unha muller que se estaba a afogar á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O padexeiro Óscar Graña volveu converterse nun heroe nas augas do río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, estaba adestrando na súa piragua cando detectou un corpo flotando á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O rescate non foi sinxelo. Segundo explicou o propio Graña, a muller xa estaba inconsciente, e o peso da roupa que levaba dificultou o desprazamento ata a beira. Unha vez a salvo, prestoulle os primeiro auxilios. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e unha ambulancia, que trasladaron a muller ata o servizo de urxencias do Hospital Montecelo. Non é a primeira vez que Óscar Graña, campión do mundo de piragüismo de maratón, salva a unha persoa de morrer afogada nas augas do río Lérez. Xa o 30 de xullo de 2015 rescatara a outra muller no entorno da Ponte da Barca. Segundo contou Graña, foi a propia vítima a que lle explicou que estaba a tratamento psiquiátrico, que tivera problemas na casa e que ameazara con suicidarse. O fillo desta pontevedresa duns 60 anos xa se puxera en contacto coa Policía Local para denunciar a súa desaparición.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O suceso producíase ó redor das once deste martes nas inmediacións de Couso, nun lugar coñecido coma o Pedregal, onde se atopaban á captura do ourizo.
RIBEIRA> Rescatados tres mariñeiros de Ribeira esta madrugada fronte ás costas da Illa de Sálvora, tras ó emborcar o pesqueiro no que faenaban. Os tres homes foron trasladados ó Hospital do Barbanza con síntomas de hipotermia. Agardábase que foran dados de alta ó longo do día.
CAMBADOS> Policía Local e Protección Civil de Cambados rescataron este mediodía unha anciá da súa vivenda. A muller levaba dous días tirada no chan dunha das habitacións e foi a súa filla a que deu a voz de alarma.
Publicado en SUCESOS
OUTES> Salvamento Marítimo mobilizou esta mañá, ás nove e media, á embarcación Salvamar Regulus a un operativo de rescate dun pesqueiro que se atopaba á deriva a tres millas ó oeste de Monte Louro, no concello de Muros. Unha vez localizada a embarcación, a ‘Mar de Coira’, con tres mariñeiros a bordo, todos eles ilesos, foi trasladada ata o porto do Freixo, no concello de Outes. Ó parecer o barco, de once metros de eslora, quedara á deriva no momento da faena, ó enganchárselle o aparello á hélice.
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Rescate Top of Page

Síguenos en facebook