09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIANXO> Aínda así as máis de trinta embarcacións que se dedican a esta arte no porto rianxeiro auguran que será unha campaña curta, debido á escasa presenza deste produto. Como en todo, cúmprese coa lei da oferta e da demanda. Ou isto é o que deben pensar os mariñeiros de Rianxo que se dedican ó ou bou de vara. A campaña desta arte, iniciada hai varias semanas está a resultar regular, debido ás escasas capturas, especialmente de peixe. A unica especie que está a manter un pouco o tirón é a volandeira, que acada en rula unha cotización máxima duns dez euros. Un prezo maior ó de anos anteriores. En Rianxo son ó redor dunhas 40 as embarcacións con permiso para dedicarse a esta arte, aínda que non todas elas deciden traballar nesta pescaría que ten na volandeira a principal especie de captura, seguido do choco e da nécora. Trátase dunha arte complicada, moi condicionada tamén polo tempo no mar. A maior parte do peixe e do marisco capturado do bou vai para o consumo en fresco, mentres que a maioría da volandeira vai destinada á conserva.
RIANXO> A Conselleira do Mar participou no acto de clausura da xornada de construción naval en madeira celebrada en Rianxo.
RIANXO> A plataforma polo centro de día de Rianxo creará un centro de interpretación da súa protesta. Pretenden poñer en valor a súa reivindicación converténdoa nun atractivo turístico máis do concello.
RIANXO> Esta semana deron comezo os traballos de consolidación do Castelo da Lúa en Rianxo. A intervención do xacemento levarase a cabo en dúas fases e estará concluída antes do próximo verán. O orzamento da actuación supera os douscentos mil euros.
RIANXO> Rianxo acollerá a estrea de ‘Shrek, o Musical’, a primeira adaptación en galego do filme de Dreamworks. Este espectáculo de gran formato, producido pola Asociación Musical Coda, porá sobre a escena a medio cento de intérprete.
BARBANZA> Os nacionalistas avogan ademais por un modelo que permita converter ó monte nun espazo xerador de riqueza e emprego, freando de paso o actual abandono do medio rural. A vaga de lumes que afectou a Galicia hai varias semanas fai que o BNG volva a poñer en tela de xuízo a actual política forestal da Xunta. Negando que exista unha trama de terrorismo incendiario, tal e como apuntaban dende o PP, os nacionalistas piden un cambio de modelo, apostando por frear o actual abandono do monte. O BNG presentará moción nos concellos da comarca demandándolle á Xunta unha nova política forestal, para evitar que esta situación volva a repetirse, apostando polo aproveitamento multifuncional do monte, no que se poña coto ó monocultivo de eucalipto, que se realicen as modificacións lexislativas necesarias para darlle valor ó solo forestal ou que se redacte un protocolo de emerxencias para todo o país, ademais de reformularse o servizo de defensa contra os lumes poñendo especial fincapé na prevención.
RIANXO> Un grupo de veciños concentrouse esta mañá para reclamar a suba das pensións. A mobilización partiu do Movemento Galego en Defensa das Pensións, e nela tamén tomaron parte membros da plataforma pro-centro de día. Atendendo a unha convocatoria a nivel estatal, un grupo de veciños da comarca concentrouse ás portas do edificio do Instituto Social de la Marina en Rianxo para demandar unha mellora do actual sistema público de pensións. Entre outros aspectos denunciaban a situación actual, despois das reformas lexislativas promovidas polo Goberno Central nos últimos anos que están a supoñer unha merma moi importante no poder adquisitivo dos pensionistas. Dende Movemento Galego en Defensa das Pensións reclaman ademais que o sistema de pensións da Seguridade Social estea garantido polos Presupostos Xerais do Estado e que se restableza a idade ordinaria de xubilación ós 65 anos. Tamén piden a recuperación do subsidio para maiores de 52 anos e unha pensión mínima de 1084 euros, como recolle a Carta Social Europea.
Mércores, 25 Outubro 2017 18:27

Rianxo aposta polas praias accesibles

RIANXO> A praia de Tanxil, en Rianxo, conta con tódalas garantías de accesibilidade despois da intervención que vén de realizar o concello grazas a unha axuda da Axencia Galega de Turismo. A instalación de dúas sendas peonís permite o tránsito entre Tanxil e Quenxo que contaránn ademais con baños adaptados de forma permanente.
Venres, 20 Outubro 2017 17:28

Peor que o ano pasado

RIANXO> Van alá algo máis de dúas semanas dende o arranque da actividade no libre marisqueo e apenas hai xa recurso nos Lombos do Ulla. Aínda que nun primeiro momento os informes dos propios biólogos da consellería do Mar falaban da presenza de berberecho nos Lombos do Ulla, a situación real é ben diferente, e as escasas capturas están a condicionar este inicio da campaña. Apenas hai berberecho e os profesionais tiran da ameixa xapónica para poder levantar un xornal digno. O peche das concesións marisqueiras en Noia por mor da toxina está a ser unha boa nova para os profesionais rianxeiros, que ben unha lixeira suba na cotización do bivalvo en lonxa. Pero é algo, por desgraza para eles, puntual... Segundo explicou o propio patrón maior, a escasa produtividade nos Lombos do Ulla, vén provocada pola gran cantidade de embarcacións que vén soportando dende hai anos o que dificulta a recuperación das especies.
Rianxo> Dende a formación denunciaron a situación actual do Concello, que a día de hoxe, segue sen contar con orzamentos. A piques do remate do ano, e xa coa idea de que se traballará co orzamento de 2016 prorrogado, Rianxo en Común critica o escaso interese por parte do equipo de goberno en levar adiante o presuposto, e con el o seu proxecto político. Dende a súa chegada á corporación Rianxo en Común vénlle solicitando ó equipo de goberno un maior esforzo á hora de realizar uns orzamentos máis claros e participativos, nos que os veciños e as asociacións poidan facer achegas, investindo os cartos en iniciativas que posibiliten a mellora da situación actual do municipio. Algo que actualmente non está a acontecer. Rianxo en Común vai máis alá ó sinalar que de renunciar á acción política, limitándose unicamente á xestión, sería tamén discutible a dedicación exclusiva e as dúas parciais das que dispón actualmente o goberno. Aínda así confían en que a reverta situación, e para o 2018 o goberno presente uns orzamentos en tempo e forma.
RIANXO> Onte domingo a Plataforma celebrou unha nova concentración ás portas da casa consistorial para seguir reclamándolle á Xunta a posta en marcha deste servizo. Con menor presenza de xente do habitual debido á chuvia, os membros da Plataforma volveron saír á rúa para reclamarlle á Xunta a construción do centro de día na localidade. Nesta ocasión, por causas da adversa meteoroloxía, si decidiron abortar o habitual percorrido polas rúas da vila..todo se quedou esta vez nunha simple concentración, na que se puideron escoitar berros en contra da Xunta, e se insistiu na necesidade de dotar ó municipio deste servizo.. Van alá xa 76 días de peche no Concello. E os ánimos a pesar do longo tempo transcorrido dende o primeiro día do encerro non minguaron...é máis, parece que continúan intactos coma o primeiro día..dende a propia Plataforma aseguraron que continuarán no seu empeño ata obter unha resposta positiva á súa reivindicación, algo que consideran xusta.
RIANXO> A inicitiva busca a dinamización do comercio e a hostalería local, ó tempo que fomentar o uso do galego. Marchamo de calidade e promoción do galego. As áreas de Promoción Económica e o Servizo de Normalización Lingüística de Rianxo xunto coa Asociación Rianxeira de Empresarios son os promotores desta novidosa campaña baixo o lema ‘En Rianxo, ao noso xeito’. Trátase dunha iniciativa que ten unha dobre finalidade. Por unha banda a dinamización do comercio e a hostalería da vila, e por outra fomentar o uso do galego. A campaña terá varias fases ó longo do ano. A primeira delas levarase a cabo de inmediato e consistirá no reparto dunhas pegatinas identificativas co lema da campaña, así como tamén outros produtos. Na iniciativa tomarán parte non só aqueles locais hostaleiros e comercios integrados na ARE, senón que estará aberta a tódolos establecementos que o desexen.
Páxina 1 de 31
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Rianxo Top of Page

Síguenos en facebook