• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Dende hoxe a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra conta cunha nova presidenta e un novo secretario. Sete sindicatos conseguiron sacar adiante unha proposta de cese das actuais mandatarias, aducindo unha perda de confianza para a exercer as súa funcións. Agora dende Prosagal, estudarán os trámites para levar pola vía legal, o que consideran unha vulneración do regulamento da xunta de persoal.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCIA> O portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, visitou esta mañá Vilagarcía de Arousa onde incidiu na necesidade de que a vila conte cun centro de saúde en condicións, e defendeu a proposta do executivo de Alberto Varela, de que o solar da antiga Comandancia da Mariña albergue o futuro novo centro de saúde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> A Plataforma SOS-Sanidade Pública volve mobilizarse a prol da ampliación do Hospital Montecelo. O colectivo considera escaso o millón de euros que a Xunta consigna nos orzamentos de 2017 para este proxecto, por iso esixen maior compromiso e se axilicen os prazos. Actualmente están a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular que xa supera as 10.000 sinaturas.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> Decenas de veciños da Pobra concentráronse ás portas do seu centro de saúde. Convocados polo goberno municipal, o motivo da protesta era, unha vez máis, a denuncia da ausencia de servizo de pediatría no concello durante as vacacións de verán do único profesional do centro.
POBRA> Os cativos da Pobra de Caramiñal, durante este mes de xullo, non contarán con servizo de pediatría no seu Centro de Saúde. O BNG do concello pedíu que se cubran no verán as ausencias do actual e único pediatra do centro.
Mércores, 08 Xuño 2016 19:26

Os sanitarios protestan polo peche de camas

PONTEVEDRA> Protesta dos traballadores sanitarios de Montecelo polo peche de camas do verán. Os tres sindicatos do hospital, UXT, Comisións Obreiras e CIG, mobilizaron ao persoal diante da entrada do complexo para pedir máis inversión en sanidade pública ou a ampliación do hospital.
Publicado en PONTEVEDRA
O Conselleiro de Sanidade garantía esta mañá que escollan a opción que escollan entre a ampliación de Montecelo, a máis aceptada polos distintos colectivos, e a dun novo hospital en Monte Carrasco, o que é seguro é que o centro hospitalario será 100% público.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A Xunta retoma a ampliación de Montecelo como solución de consenso á asistencia sanitaria na área de Pontevedra. Aínda que sen desbotar de todo Monte Carrasco, o conselleiro tenta agora por esta vía atopar unha resposta positiva por parte de instancias municipais, traballadores e usuarios. Dende o goberno local esperan que non sexa outra promesa preelectoral. 
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Trala reunión posterior que o conselleiro de Sanidade mantivo cos grupos da oposición, todos celebraron, aínda que con matices, que a Xunta opte por aproveitar as instalacións de Montecelo. 
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A Xunta de Persoal dos traballadores dos hospitais pontevedreses pide transparencia e compromiso á xerencia da área sanitaria e a Consellería de Sanidade. Aseguran sentirse desinformados de acordos que lles afectan e denuncian a escasa contratación temendo a privatización.
Publicado en PONTEVEDRA
Xoves, 21 Abril 2016 20:19

Montecelo como "hospital único"

PONTEVEDRA> A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública lanza unha Iniciativa Lexislativa Popular co fin de que a Xunta de Galicia invista no hospital de Montecelo como hospital único. Tanto plataforma como políticos locais entenden que o único proxecto de consenso ao que poderían chegar coa Xunta sería este e non a creación dun hospital en Monte Carrasco.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
Páxina 1 de 5
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Sanidade Top of Page

Síguenos en facebook