• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Neste 19 de abril, conmemorase o día mundial da bicicleta, e con motivo desta xornada dende a Asociación Pedaladas, en Pontevedra, quixeron render homenaxe a Jorge Varcácel. O mozo que morreu hai pouco máis dunha semana na 308 froito da violencia viaria. Dende esta entidade demandan máis precaución e respecto aos condutores.
Publicado en PONTEVEDRA
Precisamente con motivos deste aumento da poboación durante estas festas, o concello de Sanxenxo reforza a seguridade no seu porto deportivo nas noites da Semana Santa. O obxectivo é evitar que se produzan altercados vencellados co ocio nocturno. Os vixiantes estarán no peirao durante as noites, entre xoves santo e o próximo domingo. A enorme afluencia de persoas que rexistra este equipamento público durante a Semana Santa obriga a aumentar a vixilancia para velar polo bo uso das instalacións, e así garantir a compatibilidade dun ocio de calidade coa actividade do porto. Nesta caso, os vixilantes de seguridade privados pasan dun reforzo de seis, que era o que se tiña o ano pasado por estas datas, a un total de dez efectivos. Éstes estarán do xoves ó domingo, desde as doce da noite ás oito da mañá. O alcalde explicou tamén que durante estes días, facilitarán a circulación na rúa Luis Rocafort, que se atopa en obras. onzalo Pita animou ós veciños e visitantes a disfrutan en Sanxenxo desde días e fixo un chamamento para que isto se faga sempre con respecto cara ós demais cidadáns.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra veñen de reforzar área de mobilidade coa creación dun xefe de servizo e un director nesta sección. Francisco Alonso e Daniel Romay serán, dende hoxe, os encargados de velar pola conservación e bo estado das estradas provinciais.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCIA> A praza de abastos en Vilagarcía, está a sufrir nos últimos tempos roubos. Unha situación que dende o colectivo de placeiros denuncian, e polo que solicitan ao concello da vila maiores medidas de seguridade nas instalacións de este edificio municipal. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A Deputación de Pontevedra acolleu ao longo deste xornada a presentación do Plan Móvese. Un acto ao no que participaron representantes da Dirección Xeral de Tráfico, de Stop Accidentes e da Policía Local da cidade do Lérez. O obxectivo desta iniciativa e conseguir reducir os sinistros na provincia de Pontevedra a través de preto de 500 lombos que se instalarán na rede de estradas provinciais. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O Bloque Nacionalista deu a coñecer esta mañá en Pontevedra a primeira iniciativa que van a presentar no Parlamento Galego. Esta medida consistirá nun novo modelo de seguridade e mobilidade viaria para a nosa comunidade. A líder nacionalista, que estivo esta mañá na cidade do Lérez, dixo que a prioridade para este plan é en primeiro termo xestionar todas as competencias en materia viaria dende Galicia. 
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> A partir deste sábado as rúas do concello de Ribeira estarán ben vixiadas, como cada verán, da man dunha nova promoción da Policía Infantil. Os novos membros tomaron posesión do seu cargo.
Martes, 29 Marzo 2016 20:14

A reforma de Luis Rocafort máis preto

PONTEVEDRA> O Deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de Sanxenxo, anunciaron hoxe en rolda de prensa a resolución do contrato da obra de Luís Rocafort, a probación de un novo proxecto e a licitación da obra en cuestión de semanas para que poda empezar o rematar o verán e estar lista para o verán de 2017.    A Deputación de Pontevedra asumirá os 600.000 euros máis que custará o novo proxecto de reforma da rúa Luis Rocafort en Sanxenxo. Nunha reunión celebrada hoxe o Deputado de Mobilidade recoñeceu que o proxecto era herdado da anterior corporación, pero que presentaba moitas deficiencias.  Os cartos para financiar este obra que contempla a totalidade do trazado da vía será asumido nun 70% pola entidade provincial, e nun 30% polo concello. O novo proxecto non contempla a construción de un túnel na rotonda de Arnelas. Gonzalo Pita pediu a comprensión dos veciños afectados pola dilación das obras, aínda que recalcou que o retraso repercutirá nunha actuación de calidade e seguridade en toda a rúa.
 
Publicado en PONTEVEDRA
BOIRO> A actuación será posible grazas a unha subvención da consellería de Economía e Industria, a través de fondos FEDER. O concello deberá aportar o 20% do total do investimento.
LOUSAME> O PSOE de Lousame reclama a adopción de medidas de seguridade nas obras que están a acometer os alumnos do obradoiro de emprego na contorna do local social de Cruído. Os socialistas denuncian o mal estado do muro de contención que podería ocasionar accidentes de non apuntalarse canto antes.
RIBEIRA> O concello vén de poñer en marcha o proceso selectivo para a contratación dos trinta e nove socorristas que vixilarán os areais do municipio este verán. O Servizo Municipal de Salvamento e Socorrismo estará formado por un coordinador, tres xefes de praia e 35 socorristas acuáticos, dos cales 23 traballarán a xornada completa de 40 horas e 12 a tempo parcial, cunha xornada de 24 horas semanais. A duración dos contratos serán de dous meses e dez días, prevíndose o inicio da relación laboral o día 1 de xullo. Non obstante, en función das necesidades do servizo e sobre todo das condicións meteorolóxicas reinantes poderíase adiantar ou retrasar a súa posta en funcionamento. Así mesmo, poderase ampliar a duración dos contratos naqueles areais que se consideren máis necesarios, sempre que exista consignación orzamentaria. En canto as funcións dos distintos membros, corresponde ao responsable da coordinación do servizo a súa organización diaria, distribución de persoal, descansos e dotación de material; formular as propostas que considere necesarias para a súa mellora; supervisar o mantemento e limpeza dos equipos; propoñer medidas disciplinarias se fose o caso; recoller diariamente a información sobre o estado das praias, confeccionar un parte diario cos servizos prestados, velar pola seguridade do persoal socorrista, coordinarse adecuadamente con Protección Civil, Policía Local, Garda Vicil e demais servizos de emerxencia. Cada xefe de praia levará a cabo a dirección do equipo de persoas asignado aos seus areais, a xestión dos recursos en canto a urxencias e posta en marcha de dispositivos de actuación e prevención, así como os protocolos de servizo preventivo. As funcións dos socorristas acuáticos consisten en prever accidentes ou situacións de emerxencia, realizando tarefas de vixilancia e información; rescate de persoas en casos de accidente ou situación de emerxencia; asistir como primeiro interveniente; ou velando pola seguridade dos usuarios das praias previndo situacións potencialmente perigosas ou intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia. Os interesados en formar parte deste proceso selectivo poderán presentar as súas solicitudes nun prazo de oito días naturais a partir de mañá. As bases de contratación e o modelo de instancia están dispoñibles na páxina web municipal www.riveira.es. Para a selección do coordinador rexerá un concurso de méritos e entrevista, en tanto que para xefes de praias e socorristas o sistema será o de oposición libre.
 
Publicado en portada
Páxina 1 de 2
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Seguridade Top of Page

Síguenos en facebook