• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CAMBADOS> O concello de Cambados actúa para mellorar a seguridade viaria na avenida de Vilariño. En concreto, o goberno local vén de prohibir o cambio de sentido no cruce da rúa O Castro e o vial principal. Unha medida coa que buscan evitar os atascos en horas punta. O concello de Cambados vén de prohibir o cambio de sentido no cruce de O Castro con Vilariño. Dende hai uns días, os condutores que se incorporen á avenida e queiran dirixirse ao centro cambadés terán que dar a volta na rotonda. Segundo explicou José Ramón Abal, ese é un dos puntos negros da rede viaria cambadesa. Por iso, nas horas punta está previsto que axentes da policía local se despracen ata ese cruce para explicar os cambios aos condutores. Esta non é a única intervención na zona. Xa comezaron as obras para ampliar o cruce da PO-300 coa rúa Cruceiro; traballos que foron posibles grazas a un acordo coa propietaria do terreo, e que se realizan con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación. As obras foron adxudicadas por 16 mil euros e teñen un prazo de execución de tres meses.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POIO> Continúan as reaccións trala morte do ciclista o pasado domingo nun atropelo na PO-308. Hoxe, foi o goberno de Poio o que esixiu medidas urxentes de seguridade viaria nesta estrada de titularidade autonómica. Aseguran que a cesión voluntaria dos terreos que pretende o goberno galego non é operativa, así que reclaman á consellería que comece as expropiacións. Un proceso que o concello de Poio está disposto a sufragar. Deste xeito, expresábase a alcaldesa en funcións de Poio para reclamar á Xunta que actúe na PO-308, da súa titularidade. Dende os anos 90 as queixas pola falta de seguridade nesta vía sucédense, e reaviváronse este domingo tralo atropelo mortal dun ciclista. O goberno poiense reclama á Xunta medidas urxentes de seguridade viaria. Aseguran que ata o de agora o executivo autonómico escudouse na falta de terreos, pero o concello reclama que se encarguen dos trámites de expropiación. Besada e Barreiro volveron reclamar unha vía alternativa á estrada da costa. Unha opción que na década dos 90 se plantexara cunha estrada pola saia do Monte Castrove. Finalmente, executaron a autovía do Salnés, que non conseguiu solucionar o problema da PO-308. A falta de beirarrúas, beiravías e de pasos de peóns son outras das cuestións que preocupan ao executivo local que denuncia que as súas peticións de reunións aínda non tiveron resposta dende a Xunta.
Publicado en PONTEVEDRA
POIO> O condutor octoxenario que o pasado domingo atropelaba a dous ciclistas en Poio, causando a morte dun deles, será investigado como suposto autor dun delito de homicidio imprudente. Como primeira medida, ten retirado o seu permiso de conducir. O importante tránsito de vehículos que rexistra esta estrada, e segundo coinciden políticos, deportistas e viandantes, a falta de medidas de seguridade, propician que esta vía se atope no centro da polémica cando sucede un feito como o de este domingo na parroquia de Samieira, cando un vehículo arrolou a dous ciclista causando a morte dun deles. O condutor de 82 anos está sendo investigado como autor dun presunto delito de homicidio imprudente, polo momento e de maneira preventiva, ten retirado o permiso de conducir. A Garda Civil ademais propuxo unha revisión extraordinaria para a realización dun exame psicotécnico. Uns controis cos que se pretende valorar si o condutor pode continuar conducindo vehículos despois de verse implicados nun accidente. Segundo datos facilitados pola Garda Civil, na provincia propuxéronse recoñecementos deste tipo a 10 condutores no 2014, 18 en 2015 e a 29 no primeiro semestre de 2016.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> A deputada de En Marea no Congreso, Ángela Rodríguez, e o deputado no Parlamento, Marcos Cal, mantiveron este martes unha xuntanza coa Plataforma PO 308 para tratar os diferentes problemas de seguridade que ten esta vía, que vai dende Pontevedra ata o Grove.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Avanzan os traballos de mellora da seguridade viaria na PO 308. A senda peonil e ciclista entre A Lanzada e Soutullo estará rematada no verán, segundo asegurou esta mañá a conselleira de infraestruturas. Ethel Vázquez visitou as obras neste primeiro tramo do itinerario entre A Lanzada e Portonovo, no que a Xunta investirá case 6,5 millóns de euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
OUTES> A actuación, cun orzamento de preto dos oitocentos euros, suporá unha importante mellora da seguridade viaria da zona.
NOIA> A Conselleira de Infraestruturas mantivo un encontro co alcalde de Noia e outros membros do executivo para anunciarlles diversas melloras viarias a acometer no municipio. Entre elas, a dotación dun carril central de espera no cruce da Barquiña e a construción dunha senda peonil na travesía de Orro.
BOIRO> A Conselleira de Infraestruturas visitou Boiro esta mañá para anunciar a licitación dunha serie de actuacións de mellora na estrada AC-305 ó seu paso por varios municipios barbanzáns. A actuación máis importante executarase na travesía de Boiro, cun trinta por cento do total dos seiscentos mil euros destinados a esta actuación.
BOIRO> A Xunta de Galicia investirá cento sesenta mil euros na construción de sendas peonís entre Boiro e Cespón, Así o anunciou a Conselleira de Infraestruturas na visita á zona desenvolvida esta mañá. O proxecto, en fase de contratación, podería dar comezo no mes de abril.
POBRA> O BNG da Pobra volve insistir na necesidade de incrementar a seguridade viaria en todo o municipio. A través dunha moción solicitarán o reforzo da sinalización nos pasos de peóns e a habilitación de zonas limitadas a trinta quilómetros por hora.
OUTES> A Consellería de Infraestruturas destinará oitocentos mil euros para incrementar a seguridade viaria na travesía de Outes.
BARBANZA> A Conselleira de Infraestruturas anunciou a inminente execución de varias actuacións na comarca en materia de seguridade viaria.
Páxina 1 de 3
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Seguridade viaria Top of Page

Síguenos en facebook