• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> O paro baixa na provincia de Pontevedra en 3009 persoas. Segundo informou esta mañá o Ministerio de Emprego e Seguridade Social hai un total de 81.385 persoas inscritas como demandantes de emprego. O sector servizos é o que permitiu que o mes de abril chegase con estes bos datos en canto ao emprego se refire.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende hoxe a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra conta cunha nova presidenta e un novo secretario. Sete sindicatos conseguiron sacar adiante unha proposta de cese das actuais mandatarias, aducindo unha perda de confianza para a exercer as súa funcións. Agora dende Prosagal, estudarán os trámites para levar pola vía legal, o que consideran unha vulneración do regulamento da xunta de persoal.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> O goberno de Sanxenxo convocou aos representantes sindicais para constituír a Mesa de Negociación dos traballadores do Concello. Unha reunión que se prolongou máis do previsto, e que rematou con visións diferentes da mesma por parte dos traballadores e do equipo de goberno da vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> A CIG saíu unha vez máis a rúa para reclamar a devolución dos dereitos dos traballadores perdidos durante a crise. Esta mañá as portas do INEM de Vilagarcía, o sindicato manifestouse para mostrar a súa repulsa ante esta situación. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Catro organizacións sindicais se manifestaron esta mañá as portas do Hospital de Montecelo e do Provincial en Pontevedra para pedir unha negociación seria co Sergas e a creación de máis prazas para a sanidade pública galega. Cren que é necesario tomar esta decisión canto antes polo ben da saúde pública. 
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 08 Xuño 2016 19:26

Os sanitarios protestan polo peche de camas

PONTEVEDRA> Protesta dos traballadores sanitarios de Montecelo polo peche de camas do verán. Os tres sindicatos do hospital, UXT, Comisións Obreiras e CIG, mobilizaron ao persoal diante da entrada do complexo para pedir máis inversión en sanidade pública ou a ampliación do hospital.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCÍA> Dous sindicalistas da CIG declararon esta mañá nos Xulgados de Vilagarcía, a raíz da denuncia interposta, por un suposto delito de inxurias contra o ex xerente da residencia Valle Inclán, Enrique  Martínez.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Os traballadores de seguridade do centro de menores Avelino Montero seguen coas súas protestas ante os impagos da empresa concesionaria Galaica. Os 11 afectados levan máis de dous meses sen cobrar e aseguran sentirse enganados pola empresa. Ameazan con concentrarse cada semana ata que a situación se solucione.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> Comisións Obreiras iniciou en Ribeira unha rolda de asembleas comarcais para dar a coñecer as propostas formuladas polos sindicatos ós partidos políticos. A creación de emprego e a aposta por unha democracia real centran os obxectivos da central sindical a incorporar nos programas das diferentes forzas de cara ás eleccións xerais.
BARBANZA> A proposta da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos para o novo convenio marco do sector non deixou indiferente ós sindicatos. Critican o pretendido incremento de horas de traballo e cualifican de ridícula a intención de pagar parte dos salarios en especias.
Publicado en portada
RIBEIRA> Comisións Obreiras celebrou una asemblea de delegados en Ribeira para dar a coñecer os resultados do estudo sobre sinistralidade laboral que vén de elaborar o sindicato. Os datos revelan un incremento dos accidentes no traballo.
Páxina 1 de 3
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Sindicatos Top of Page

Síguenos en facebook