• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CALDAS> Unha falecida nun accidente rexistrado esta tarde en Caldas de Reis. A muller conducía unha furgoneta de reparto cando, por causas que se descoñecen, perdía o control do vehículo ao incorporarse á Nacional 540. Tras colidir contra a rotonda de San Simón, desprazouse uns metros polo chan. Tanto a condutora como o acompañante quedaron atrapados, polo que o 112 mobilizou aos Bombeiros de Vilagarcía para a excarceración. Aínda que foi rescatada con vida, a muller falecía minutos despois no punto. O home foi trasladado en estado moi grave ata o hospital. No operativo, que provocou importantes retencións, participaron a parte dos bombeiros e das dúas ambulancias do 061, o GES de Valga, Emerxencias de Vilagarcía e varias patrullas da Garda Civil de Tráfico.
Publicado en SUCESOS
PONTEVEDRA> O padexeiro Óscar Graña volveu ser protagonista esta mañá dun rescate no río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, rescataba a unha muller que se estaba a afogar á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O padexeiro Óscar Graña volveu converterse nun heroe nas augas do río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, estaba adestrando na súa piragua cando detectou un corpo flotando á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O rescate non foi sinxelo. Segundo explicou o propio Graña, a muller xa estaba inconsciente, e o peso da roupa que levaba dificultou o desprazamento ata a beira. Unha vez a salvo, prestoulle os primeiro auxilios. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e unha ambulancia, que trasladaron a muller ata o servizo de urxencias do Hospital Montecelo. Non é a primeira vez que Óscar Graña, campión do mundo de piragüismo de maratón, salva a unha persoa de morrer afogada nas augas do río Lérez. Xa o 30 de xullo de 2015 rescatara a outra muller no entorno da Ponte da Barca. Segundo contou Graña, foi a propia vítima a que lle explicou que estaba a tratamento psiquiátrico, que tivera problemas na casa e que ameazara con suicidarse. O fillo desta pontevedresa duns 60 anos xa se puxera en contacto coa Policía Local para denunciar a súa desaparición.
Publicado en PONTEVEDRA
Un mariñeiro atopaba este mediodía fronte ás Illas Ons o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Noalla, Sanxenxo, esta fin de semana. Desde primeira hora desta mañá un amplo dispositivo buscaba á muller por terra e mar, na zona de Punta Faxilda, onde aparecera o seu vehículo. Un mariñeiro que faenaba fronte ás illas Ons localizaba este mediodía o cadáver dunha muller, veciña de Aios, na parroquia de Noalla, en Sanxenxo, que levaba desaparecida desde o domingo. Natividade, de 44 anos e con dúas fillas, faltaba da súa casa dende a madrugada do sábado ó domingo. O seu coche apareceu aquí en punta Faxilda, a moi poucos quilómetros da súa viveda. O corpo da muller apareceu este mediodía ás nosas costas, na illa de Onza. Segundo fontes do operativo o corpo apareceu a uns 600 metros do isllote de onza, que pertence ó arquipélago de Ons. Salvamento Marítimo recuperou o corpo sen vida que foi trasladado pola Garda Civil ata o peirao pontevedrés de Bueu. Desde primeira hora deste luns un amplo dispositivo buscaba por terra e mar nesta rochosa zona de Punta Faxilda, logo de que o vehículo de muller aparecese neste punto, coas chaves postas, no mediodía de onte domingo. O seu marido presentaba a denuncia da desaparición poucas tempo antes no posto da Garda Civil de Sanxenxo, cando a familia se percatou da súa ausencia. Xunto coa familia, que agardaba desesperada noticias positivas, veciños da zona achegáronse ó lugar para tentar axudar na busca. Ninguén daba crédito ó acontecido. O equipo de busca estivo formado por Salvamento marítimo, a Salvamar Sargadelos con base en Ribeira, unidades terrestres da garda civil, e buzos dos GEAS.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Unha perigosa fuga de gas obrigou a desaloxar tres edificios da rúa Rosalía de Castro en Vilagarcía. Ademais a coñecida rúa estivo pechada ao tráfico durante varias horas, ocasionando importantes atascos. O servizo de gas as casas non foi restablecido ata altas horas da madrugada. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Xoves, 17 Novembro 2016 18:51

Atropelo na estación do tren en Pontevedra

Pontevedra> O tráfico ferroviario estivo pechado entre Pontevedra e Portela durante preto dunha hora e media debido a un atropelo que se produciu nas inmediacións da estación da cidade do Lérez. Un suceso que tivo lugar nos túneles de A Parda hoxe ao mediodía. 
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Rescatado o corpo sen vida do buzo desaparecido onte no peirao de Carril. Gonzalo Serantes, veciño de Vilanova de Arousa, mergullárase para recuperar un rizón, pero por causas que se descoñecen non conseguiu saír á superficie. A voz de alarma deuna o seu acompañante, aínda que tardou ao redor de dúas horas en avisar aos servizos de emerxencias. A Garda Civil investiga agora as circunstancias que rodearon este tráxico suceso.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> O SERGAS puxo en marcha o protocolo de vixilancia e control na escola infantil do Saltiño de Boiro ante un posible caso de meninxite bacteriana.
Publicado en portada
SANXENXO> A policía xudicial investiga as causas da explosión dunha embarcación de recreo onte en Sanxenxo. Dos cinco tripulantes, catro resultaron feridos. Un xa onte foi trasladado en helicóptero ao Complexo Hospitalario de A Coruña debido á gravidade das súas queimaduras. Os demais foron desprazados en ambulancia, un a Povisa e os outros dous a Montecelo. Porén, a última hora da tarde de onte os feridos ingresados no hospital da capital foron derivados finalmente a Coruña e ao centro vigués.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Un camión derrubou este mediodía unha das naves do peirao de O Ramal, en Vilagarcía. O condutor non se deu de conta e, ao manobrar, golpeou unha viga mestra da infraestrutura. A súa caída provocou tamén o derrube de dúas terchas e de parte do tellado. Nun primeiro momento falábase de dúas persoas atrapadas baixo a escombreira, pero finalmente non se rexistraron feridos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 2
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Suceso Top of Page

Síguenos en facebook