09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
LOUSAME> O investimento irá destinado, na maioría dos casos, á melloras de viais. Ás portas da casa consistorial, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi recibido pola alcaldesa, Teresa Villaverde, así como tamén outros membros da corporación municipal. Esta era a primeira visita que o presidente provincial realizaba a este municipio, e tiña coma principal finalidade coñecer as obras levadas a cabo neste último ano, e que foron financiadas con cargo ó Plan Único cun investimento total de máis de 743 mil euros. Trátase, na maioría dos casos, de obras de mellora de viais, coma a realizada no camiño ó complexo medioambiental de Servia ou no de Crons á Igrexa de Camboño. Durante a visita, o presidente e a alcaldesa visitaron tamén o aceso a Berrimes, xa renovado, e os parque infantís de Portobravo e Escabia, mellorados tamén con cargo a outros plans da Deputación, como tamén o foron os os acondicionamentos dos locais sociais de Aldea Grande, Béxeres, Vilacova, Escabia e Lesende. A rexedora aproveitou a presenza do presidente provincial para pedir tamén o seu apoio para dous proxectos como son o arranxo da estrada de Comparada a Ponte Beluso e unha nova fase da estrada de Portobravo ó Confurco, pasando por Aldea Grande e Chave. O presidente provincial informou tamén de que este mesmo mes xa se iniciaron os trámites de expropiacións para a ampliación e mellora da DP-4.201 en Aldea Grande, cun presuposto de 304 mil euros e tamén se levou a cabo o inicio do proceso das expropiacións necesarias para a construción dunha nova ponte sobre o rego Pesqueira, na estrada DP-4.202 de Aldea Grande ó Couto cun orzamento de 267 mil euros.
Pontevedra>Sete prescriptores alemáns visitan nestes días a Denominación de Orixe Rías Baixas. Degustarán preto de 62 caldos da D.O e terán a oportunidade de coñecer algunhas das súa bodegas. O obxectivo desta viaxe e coñecer máis sobre os viños albariños da Denominación de Orixe e establecer contacto con novas adegas das Rías Baixas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O alcalde de Pontevedra, anunciou esta mañá, que para finais do mes de novembro estarán rematados os traballos de saneamento do río Gafos dende o Marco ata Alcalde Hevia. Hoxe comezaron a segunda fase deste proxecto, na zona urbana, detrás da estación de autobuses. Neste momento está xa executada o 80 por cento da obra.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> E nesta xornada tamén se conmemora o día mundial dos lácteos na escola. Para festexar este día a conselleira de Medio Rural visitou o colexio Froebel. Alí se repartiron numerosos produtos vencellados con este sector. E é que tal e como din dende a Organización Interprofesional Láctea, os cativos deben consumir unha media de 3 produtos lácteos ao día.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Concelleiros de Ganemos Salamanca visitaron esta mañá o concello de Pontevedra co fin de coñecer o seu modelo de cidade. Este partido político quedou encantado modelo urbano que posúe Pontevedra, e dixeron, que farán o posible por exportar este modelo a súa cidade.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O vicepresidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Política Social visitaron nesta xornada un dos pisos do tutelados que subvenciona a Xunta. Trátase do programa Mentor que ten como obxectivo axudar a mozos, de entre 16 a 21 anos, que están en risco de exclusión social.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Os pequenos que participan nas ludotecas organizadas pola FANPA en Pontevedra visitaron esta mañá á Deputación. Alí foron recibidos pola deputada de Xuventude, Digna Rivas, quen se encargou de darlle un agasallo a cada un destes nenos.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> Uns quince membros da BRILAT, entre os que se atopaba o Tenente Coronel Carlos Aurelio Miragalla Prieto, realizaron esta mañá unha visita ó Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. A actividade, promovida pola empresa Palmira Scuba, formaba parte dun premio, ó resultar a patrulla gañadora da 16 edición do concurso de adestramento de patrullas militares ‘Challenger Ruta Tui–Santiago 2017’, na que percorreu os 120 quilómetros do Camiño Portugués de Peregrinación entre estas dúas cidades en tan só 20 horas. Na visita os membros da Brilat estiveron acompañados polo propio director do museo, Antonio González Millán, que foi o encargado de explicarlles as singularidades do edificio, declarado Monumento Nacional de carácter Histórico e Artístico, así como ensinarlles tamén a importante riqueza da colección patrimonial que reúne, vinculada a un dos nosos escritores máis recoñecidos, como é Ramón María del Valle-Inclán.
Pontevedra> O secretario da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado de México visitou hoxe o concello de Pontevedra. O fin deste encontro, co alcalde e a concelleira de Promoción da cidade, é o de concretar a axenda institucional da viaxe, que a comisión pontevedresa, realizará ao país azteca a finais de agosto.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O vicesecretario de comunicación do PP estivo hoxe de visita en Pontevedra. Pablo Casado destacou a boa oposición que está facendo Jacobo Moreira na Boa Vila, do que dixo, é o representante político que está dando resposta aos veciños da cidade. Casado agarda poder volver no 2019 para festexar a vitoria do PP na capital de provincia.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Cinco prescriptoras estadounidenses iniciaron hoxe unha visita a Denominación de Orixe Rías Baixas. O obxectivo coñecer con maior profundidade os viños que se elaboran nas diferentes subzonas. Nesta visita deixaron claro que o albariño está en auxe nos Estados Unidos presentándose como unha alternativa ao chardonnay. REPOR Cinco prescriptoras estadounidesnses están estes días nas Rías Baixas para coñecer e facer un repaso polos caldos da Denominación de Orixe. Visitarán 8 bodegas e catarán diferentes viños. O obxectivo é que descrubran os matices e teñan máis coñecemento sobre viños das Rías Baixas. TOTAL Din que en Estados Unidos gusta moito o viño albariño, incluso a directora de promoción dos viños Rías Baixas en Estados Unidos nos dixo esta maña que un famoso crítico de viños dixo que o albariño é unha das principais alternativas ao chardonnay. TOTAL O perfil do consumidor de albariño en estados unidos é moi amplo, pero sobre todo xente nova. TOTAL Estados Unidos é o principal mercado exterior para os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, cun crecemento sostido. No 2016, o 38,55 por cento do viño exportado polas bodegas da denominación tivo como destino o país americano.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 3
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: Visita Top of Page

Síguenos en facebook