Visita cómoda para un Extrugasa en estado de gracia

tito250_260310.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa pode quedarse a un paso de certificar a súa presencia na fase de ascenso. Xoga ante o derradeiro clasificado, o Carmelitas, mentres que o resto de rivais directos enfróntanse entre sí. Iso sí, matemáticamente aínda non poderán estar clasificadas.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_260310.flv{/flowplayer} 

Terán que agardar canda menos unha semana máis para pechar o seu pase á fase de ascenso. Este sábado suceda o que suceda non o farán aínda que pode que non lle faga falta gañar ningún partido máis de aquí a final de liga para acadalo.

Xornada interesante a que se presenta con duelos entre rivais directos polo ascenso: Canarias – Burgos; Ensino – Bembibre e Caja Rural – Pío XII. O único que se salva, o Extrugasa, que visita ó pechacancelas, Carmelitas de Ourense, un conxunto que só gañou tres partidos no que vai de liga pero co que as vilagarciáns non queren compliarse a vida. 

O tema que rodeu as charlas dos adestramentos desta semana foi sen dúbida a concesión a Vilagarcía da organización da fase de ascenso por parte da FEB. Algo que según Tito Díaz, pode ser decisivo para que o equipo acade o seu obxectivo de promoción.

O certo é que subir ou non subir pasa por ir gañando os partidos e o primeiro será ante o Carmelitas mañá ás 19:15. Todas estarán a disposición de Tito Díaz, unha vez Veselka Todorova superou as molestias que viña arrastrando nas últimas semanas.

Redacción Salnés