ASEM Galicia organiza unha gala benéfica na Pobra

POBRA> A Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares celebrará este domingo un festival benéfico na Pobra. Un destacado elenco de músicos, autores e monologuistas compoñen o cartel que se dará cita no Teatro Elma a partir das sete e media da tarde. Nos seus vinte e cinco anos de traxectoria, a asociación Galega de Enfermidades NeuroMusculares (ASEM) leva asistido a moitos afectados por parte das máis de cento cincuenta doenzas que se agrupan nesta categoría. Para poder seguir prestando estes servizos, a entidade organiza eventos benéficos como o que se celebrará este domingo na Pobra. Os actores Susana Sampedro e Monti Castiñeiras encargaranse de conducir a gala que contará coa actuación de Fernando Tato, Ledicia Sola, o coro parroquial do Caramiñal, Arrancadeira e o Grupo de gaitas e baile Andavía. Ademais da compra do libro, a asociación habilitou unha fila cero para todos os que queiran colaborar a pesar de non asistir á gala.