Ata o 19 de novembro ven a Pontevedra é… pontedetapas

Pontevedra> 52 establecementos participan na décimo edición de Pontedetapas. Unha cita que hoxe botou a andar na cidade do Lérez e que se desenvolverá ata o 19 deste mes. A Tapa gañadora participará no certame “ De tapas por Galicia”. 64 tapas sobre a mesa para degustar os mellores sabores e productos da nosa terra. Hoxe botou a andar unha nova edición do Pontedetapas, unha cita que se desenvolverá ata o 19 deste mes e na que participan 52 establecementos da cidade. Nesta décima edición competirán no certame 35 tapas tradicionais, 23 tapas creativas e 6 cócteles. Temos de todo un pouco…. Dende o concello lembraron que o mes de novembro é ideal para este tipo de eventos. E os hostaleiros tamén comparten esta opinión. Unha edición que contará cun premio do xurado, o premio do público a “Tapa Pontevedra” e un novo premio á mellor tapa con conserva de pescado ou marisco que patrocina a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Pescados. Xa o saben, achéguense ata Pontevedra, ata o 19 de novembro, para desfrutar e degustar estes manxares do Pontedetapas.