• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANXENXO> As polémicas obras da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo, enfilan o seu treito final. A Deputación agarda que os traballos de humanización poidan inaugurarse o 22 de decembro, trala instalación das árbores nas beirarrúas e o mobiliario urbano. O 22 de decembro é a data fixada pola Deputación de Pontevedra para a inauguración da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo. Telmo Martín amosábase satisfeito cos resultados da obra, que humanizan unha importante vía de acceso e saída á vila. Ao proxecto inicial, súmase agora o acondicionamento dunha parcela de 200 metros cadrados que xa é titularidade municipal. A actuación permitirá a continuidade da beirarrúas nese treito. Os operarios tamén traballan no remate da pavimentación da avenida e a colocación de árbores e mobiliario urbano, para finalizar unha obra de gran importancia para o goberno provincial. Durante a súa visita, Uxío Benítez e Telmo Martín afastáronse da polémica que rodeou hai uns meses estes traballos. O desencontro remataba coa rotura do tripartito que gobernaba o concello e que encabezaba Gonzalo Pita, que entregaría a alcaldía ao popular Telmo Martín.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O concello de Sanxenxo regularizará o aparcadoiro na avenida Luis Rocafort durante o verán. No encontro que mantivo coa plataforma de afectados, o alcalde Telmo Martín decidiu atender as súas demandas e limitar o tempo dos estacionamentos. Martín comprometeuse ademais a trasladar á Deputación de Pontevedra outras das súas demandas, nun encontro coa presidenta Carmela Silva para o que aínda non hai data. O concello de Sanxenxo porá límite de tempo ao estacionamento na Avenida Luis Rocafort. A medida estará en vigor durante o verán, e atende a unha das demandas da Plataforma de Afectados. Este foi un dos acordos que se acadaron no encontro que o sábado mantivo o novo executivo coa plataforma veciñal. Unha reunión que o colectivo aproveitou para trasladarlle outras das súas demandas, como o mantemento das prazas de aparcadoiro. Tras este encontro, os veciños quedaron emprazados a unha nova reunión que se produciría despois da agardada entrevista entre Telmo Martín e a presidenta da Deputación, administración encargada da obra. Polo de momento, non hai data fixada. Dende o concello aseguraron que están abertos a ter en conta as suxestións da plataforma de afectados, e comprometéronse a facer novas xestións segundo avancen os contactos coa institución provincial. Os veciños tamén solicitaron ao alcalde que se xestionen as cesións pendentes. Un trámite no que colaboraron entregando os contactos dos que dispoñen.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> O concello de Sanxenxo, descontento coa xestión da Deputación de Pontevedra das obras da rúa Luis Rocafort. Esta mañá, o alcalde denunciaba que non recibira resposta á súa petición de facer 20 prazas de aparcadoiro en batería; unha solicitude que, ademais, trasladara a plataforma veciñal que se opoñía ao proxecto provincial. Gonzalo Pita insistiu en que el estará do lado dos veciños. Rompeuse a boa sintonía entre o concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra na reforma da avenida Luis Rocafort. Hai varias semanas, o alcalde trasladou ao organismo provincial a petición de facer 20 prazas de aparcadoiros en batería; solicitude que non tivo resposta. A proposta suporía a redución da beirarrúa de 6 a 4 metros no treito que transcorre entre o centro de saúde e o centro de Telefónica. Deste xeito, tamén se atendería á petición da plataforma veciñal que pedía máis aparcadoiros na zona, chegando ás 120 prazas. Tamén preocupa a dificultade que vehículos grandes, como autobuses, poden ter para entrar na rúa dende o paseo de Silgar. Por iso Pita pediu incorporar estes cambios, asegurou que o goberno local non vai consentir a paralización das obras, e recordou que as arcas municipais achegan o 30% do financiamento. Esta non é a única xestión da Deputación que non gusta ao goberno local. Tamén critican que case dous anos despois de facerse co executivo provincial, non haxa novas sobre o futuro da estrada de Dorrón. Por todo, o rexedor considera esgotada a vía diplomática. Pola súa banda, dende a Deputación de Pontevedra non quixeron facer declaracións.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O alcalde de Sanxenxo non pecha a porta a introducir cambios no proxecto da avenida Luis Rocafort. Gonzalo Pita asegurou esta mañá estar aberto a escoitar as opción sensatas, viables técnicamente e coherentes, e comprometeuse a trasladalas á Deputación. A Plataforma de afectados levou onte as súas protestas ao pleno municipal, co apoio de Partido Popular e o concelleiro non adscrito. A Plataforma de Afectados da Avenida Luis Rocafort levou onte a súa protesta ao pleno de Sanxenxo. Baixo o lema Beirarrúas si, aparcadoiros tamén, os veciños pediron explicacións ao goberno. Hoxe, o rexedor comprometíase a levar as demandas á Deputación. A demanda da plataforma é que a avenida conte con máis prazas de aparcadoiro, algo que onte contou co apoio de Partido Popular e concelleiro non adscrito. Xuntos aprobaron onte unha moción para obrigar ao tripartito a negociar estas modificacións. Nesta interpretación política volveu coincidir o vicepresidente da Deputación. Para César Mosquera, as protestas son unha manobra do Partido Popular. Así as cousas, asegurou que o alcalde de Sanxenxo ten as portas do Pazo Provincial abertas. Sobre o regulamento dos aparcadoiros, Mosquera asegurou que se trata dunha competencia do concello. Pola súa banda, Pita comprometeuse a buscar os mecanismos necesarios para evitar que o mesmo vehículo quede aparcado nunha praza durante todo o día.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Grande interese entre diferentes empresas por conseguir a licitación da obra da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo. A Deputación anunciou hoxe que 24 empresas presentaron ofertas para estes traballos de urbanización, que se sacaron a contratación por 1,1 millóns de euros. As propostas serán informadas agora polos técnicos antes de decidir a adxudicación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: avenida luis rocafort Top of Page

Síguenos en facebook