Axuda para os refuxiados Saharauís

    saharauis100_280508.jpgCAMBADOS > Un chamamento urxente para recadar fondos co obxectivo de subministrar nos campos de refuxiados alimentos

    A asociación “Solidariedade Galega co pobo saharauí” a través da súa delegada no Salnés fixo hoxe un chamamento para conseguir alimentos de primeira necesidade xa que segundo as ONG´s estanse acabando os últimos stocks. Solicitan tamén a colaboración das familias para acolles no período estival a nenos saharauís xa que este ano chegaran 180 rapaces a maiores.

    Un chamamento urxente o que fai a asociación “Solidariedade Galega co Pobo Saharauí” para recadar fondos coa fin de repoñer o último abastecemento que o programa mundial de alimentos repartiu nos campos de refuxiados

    O problema reside no trasporte. O difícil non é conseguir alimentos, senón transportalos. A solución, mercar os artigos de primeira necesidade en Arxelia. Outra das adversidades que a asociación ten que facer fronte é o anuncio por parte das xuventudes saharauís do envío anual en período estival de 180 nenos máis que en campañas anteriores. En total 880 rapaces saharauís chegarán Galicia. A entidade solidaria pide a colaboración das familias.

    Os Números de teléfonos ós que poden chamar para acoller nenos saharauís son: 986 52 05 10 ou 649 06 19 67

    Os últimos informes presentados por ONG´s indican que o 66% das mulleres en idade de procrear sofren anemia, ó igual que o 68 % dos nenos menores de 5 anos, dos cales o 39% tamén están malnutridos. A situación é insostible sobre todo si se suman as enfermidades como a malaria e diarrea, o índice de mortalidade incrementase.

    Outra das reivindicación para a cal a asociación de solidariedade pide axuda é para que a través da súa web todosconelsahara.com consigan os apoios necesarios para secundar un manifesto no que o goberno español recoñeza fronte o Sáhara o estado do fronte polisario para os españois que alí residen, preto de 200.000 .

    Redacción Salnés