“Batea en Tierra”, un proxecto de 11 millóns de euros para reformar o Porto Deportivo de Sanxenxo

SANXENXO> O proxecto Batea en Tierra” gaña o concurso “ideas para a remodelación do porto deportivo de Sanxenxo”. A proposta prevé tres grandes actuacións na praza do mar e na súa contorna. A empresa gañadora recibirá 30 mil euros e encargarase da redacción do proxecto.

O proxecto Batea en Tierra converterá o aspecto da praza do Mar e a súa contorna no Sanxenxo do futuro. Así se refería o alcalde da vila ao deseño gañador do concurso “ideas para  a remodelación do porto deportivo de Sanxenxo” no que hoxe se deu a coñecer a proposta gañadora.

Segundo o alcalde o proxecto marcará un antes e un despois na vila grazas as súas tres grandes actuacións.

Ao concurso presentáronse 35 proxectos, dos cales dez foron seleccionados para a final e hoxe coñecéronse os 3 favoritos. Cada un recibirá un premio diferente.

A proposta gañadora ten un presuposto de 10,9 millóns de euros. Unha cantidade que cubrirá integramente Nauta Sanxenxo.