Candidatura do PP ó Concello de Pontevedra

    fototelmocopia.jpgPONTEVEDRA> Telmo Martín presentou a lista de persoas que o acompañarán na candidatura, entre as que destaca María José Rodríguez Teso e David Cal.

    {flowplayer}images/salnes/TELMOPRESENTACANDIDATURA.flv{/flowplayer}

    Entre as principais sorpresas destacan a saída de Lupe Murillo que noutras ocasións fora peza clave no partido e a entrada da que será a segunda no cartel do Partido Popular, María José Rodríguez Teso, que ata o de agora non era integrante do PP.

    Co nombramento da presidenta da Federación de Asociacións de Pais de Alumnos Telmo quixo recalcar de novo que a educación é para él un ámbito fundamental. Ó igual que Teso, outros 7 membros da lista son independentes. Con respecto a isto o cabeza de cartel asegurou que aínda que as ideoloxías son importantes máis importantes son as persoas. 

    Outra das sorpresas da mañá que non deixou indiferente a ninguén foi o anuncio da presencia en quinto lugar do padexeiro David Cal do que o voceiro dos populares dixo que será unha peza clave no obxectivo de situar a Pontevedra no cumio do piragüismo mundial. 

    En referencia a caída de Jacobo Moreira ata a sèptima posición Telmo non quixo entrar en polémicas. E aproveitou para matizar que aínda que acaden a maioría absoluta no seu proxecto baseado na austeridade, non habería cabida para 13 concellerías con dedicación exclusiva.

    Redacción Salnés