09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Mércores, 12 Abril 2017 19:27

O comercio pontevedrés, 'A pé de rúa'

PONTEVEDRA> Promocionar o comercio local e atraer clientes aos establecementos da vila, seguen a ser algúns dos principais obxectivos do concello de Pontevedra. Con esta idea, a marca Capital Shopping da un paso máis co programa “A pé de rúa”. Unha iniciativa que arrincará o sábado 22 de abril nas rúas Peregrina e Michelena. O vindeiro 22 de abril, o pequeno comercio de Peregrina e Michelena sairá á rúa. 31 establecementos da zona decidiron adherirse ao programa “A pé de rúa”, que no marco de Capital Shopping, dá un paso máis no fomento do comercio de proximidade. Descontos de entre o 10 e o 20% nos produtos, o concerto de Adrián Costa e dous obradoiros infantís, son algúns dos atractivos cos que comercios e concellos buscan atraer aos clientes. Tamén está prevista unha intervención artística de Blanco y Roja na Glorieta de Compostela, coa súa tenda de venda de accións. A de Michelena e a Peregrina será a primeira, pero as accións de “A pé de rúa” terán continuidade. Serán os días 20 de maio nas Galerías Oliva, o 27 coa iniciativa “rizando o rizo” da man das perruquerías e o 3 de xuño, cos comercios de Cruz Gallástegui. A iniciativa retomarase tralo verán.
Publicado en PONTEVEDRA
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: capital shopping Top of Page

Síguenos en facebook