09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> Engado e indignación entre os traballadores do Hospital Provincial e o Montecelo ante o peche dunhas 80 camas de Neumoloxía e Medicina Interna. Esta mañá concentráronse ás portas dos centros hospitalarios para denunciar que as unidades deberían estar abertas desde o pasado día 1. É parte do Manifesto que leron esta mañá desde a Agrupación de Profesionais da Saúde Pública, ás portas do Hospital Provincial de Pontevedra, para explicar o motivo das dúas concentración convocadas para esta mañá. A xerencia do CHOP comprometeuse a reabrir as camas pechadas durante o verán en Neumoloxía e Medicina Interna o día 1 de outubro, algo que non fixo. O que implica prexuízospara os usuarios pero tamén para os traballadores. Aínda que desde PROSAGAL nos contan que esta noite abriron as camas de Neumoloxía, explican que se debeu a que Urxencias estaba saturada. Pero que os profesionais deste unidade aínda non están incorporados e non teñen unha confirmación oficial da reapertura. O que os traballadores consideran unha tomadura de pelo, polo que isto conleva. Por todo iso, ademais de esixir a reapertura de camas, desde PROSAGAL piden ós usuarios que non acepten a derivación a hospitais privados cando lles digan que non hai camas dispoñibles na sanidade pública, habendo camas baleiras, e que esixan o cumprimento dos seus dereitos.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende hoxe a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra conta cunha nova presidenta e un novo secretario. Sete sindicatos conseguiron sacar adiante unha proposta de cese das actuais mandatarias, aducindo unha perda de confianza para a exercer as súa funcións. Agora dende Prosagal, estudarán os trámites para levar pola vía legal, o que consideran unha vulneración do regulamento da xunta de persoal.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A familia dun dos pacientes falecidos no Hospital Montecelo de Pontevedra por unha bacteria recibirá 67 mil euros.
Publicado en PONTEVEDRA
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: chop Top of Page

Síguenos en facebook