Competición non castiga ó Arosa polo incidente da lata

SALNÉS> Vimos de coñecer as sancións impostor polo Xuíz Único de Competición para a xornada ligueira desta fin de semana. Na Terceira, o Vilalonga perde a Fran Matos, mentres que na Preferente o gra perjudicado volve a ser o Arosa.

Gabi Leis non poderá contar con Fran Matos para o importante encontro que o seu equipo disputa este domingo na casa ante o Bergantiños, a partires das cinco da tarde. O lateral terá que cumprir cunha semana de sanción despois de ver o vermello na Malata. Unha xogada, a da súa expulsión, na que se temeu por unha nova lesión do xogador celeste, algo que foi descartado a principios de semana e polo que está a traballar sen problema algún co resto do grupo. Mentres o Portonovo non perde a ningún efectivo para o seu encontro ante o Cultural Areas, sen ben o defensa Cibrán está apercibido de sanción logo de ver o cuarto amarelo a semana pasada.

Na Preferente Sur o gran damnificado da xornada é o Arosa que perde ó porteiro Diego, que foi expulsado ante o Gran Peña e a Vichi, que non poderá estar o domingo fronte ó Atios por cumplir ciclo de amonestacións. Ademais o delagado dos vilagarciáns, José Manuel García Bello recibíu dúas semanas de suspensión por dirixirse en actitude de menosprecio ós colexiados. Pola contra, o Arosa non será castigado polo lanzamento ós colexiados ó remate do encontro dun bote de plástico, algo que reflectíu o árbitro no acta do partido pero que o Comité Territorial de Competición decidíu non sancionar.

Na Preferente Norte, no Flavia, Camilo Perol foi sancionado con cinco semanas pola súa actitudade agresiva ante o trío arbitral. No Noia ó adestrador Nestor Romero cáenlle dúas semanas e a Isi un partido polo vermello ante o Foz. Vecho, técnico do Boiro tamén terá que ver esta semana o encontro denden a bancada ó igual que o seu xogador Dani Conde, que cumple ciclo de amarelos.

Redacción Salnés