• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Venres, 15 Decembro 2017 17:32

Orzamentos aprobados para o 2018

Pontevedra> Os orzamentos do concello de Pontevedra para o 2018 xa están aprobados. Os 12 votos a favor do BNG e a abstención do PSOE e da Marea permitiron que estas contas saian adiante cun investimento do 75,1 millóns de euros. O voceiro do Goberno Local cualificou estes orzamentos como dinamizadores, sostibles e participativos.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCÍA> Medra a fractura entre o concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria. En rolda de prensa, o alcalde informaba dunha carta da presidenta do Porto na que solicitaba información sobre o estado dos trámites que permitirían construír un hotel no peirao de O Ramal. Unha posibilidade que Alberto Varela volveu rexeitar de pleno. Despois, Sagrario Franco acusábado de deslealdade institucional, e aseguraba que a Autoridade cumprira con todas as condicións que se puxeran para permitir a construción deste hotel. O urbanismo volve enfrontar a concello de Vilagarcía e Autoridade Portuaria. Alberto Varela oponse de pleno á construción dun hotel no peirao de O Ramal. Varela responde así publicamente a unha carta da presidenta do Porto interesándose pola paralización do PXOM. A modificación puntual do Plan Específico do Porto tería que ir paralela a este documento e, segundo Sagrario Franco, sería positiva para todos. A presidenta denuncia que o concello non respondeu a ningunha das súas solicitudes de información sobre o estado dos trámites. Recorda que no ano 1998 o goberno local asinara un convenio no que se comprometía a contemplar no PXOM o uso hoteleiro dar parcela Concha-Ramal. Por iso, acusa ao concello de falta de lealdade institucional. Franco tamén criticou as xestións realizadas por Varela no Senado para a apertura da desembocadura do río de O Con. Segundo a presidenta, a concesión da nave de Ramón Moral foi prorrogada en precario, pendente da posta en parcha deste proxecto para o río.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O concello de Pontevedra presenta un avance dos orzamentos para o 2018 que chegan aos 74 millóns de euros. Dende o Goberno Local dixeron esta mañá, que unha vez pechado o borrador, presentarano á oposición e que lle darán prioridade a Marea, co fin de poder e aprobar estas contas no mes de decembro.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCÍA> Ir á praia, á piscina ou ós coches de choque, son algunhas das actividades preferidas para os 26 nenos e nenas saharauis que pasaron este verán con familias de acollida de varios concellos do Salnés. Toca a hora da despedida, algúns con máis gana ca outros, e o concello de Vilagarcía quixo recibilos esta mañá. Abrahim ten 11 anos, é do Sáhara, e leva catro anos vivindo os veráns cunha familia de Vilaxoán, en Vilagarcía. El, ó igual que o resto dos seus 25 compañeiros, ten moi claro o que máis lle gustou destas vacacións. O concello de Vilagarcía despediu esta mañá no consistorio ós 26 rapaces e rapazas saharauis que pasaron os meses de xullo e agosto con familias da comarca, dentro do programa Vacacións en Paz, que organiza a Asociación Solidariedade galega co Pobo Saharaui do Salnés. Entre o martes e o mércores que vén este grupo de rapaces volverá ós seus fogares. E de seguro que levarán todos consigo, ademáis da mochila con material escolar coa que foron agasallados esta mañá en Ravella, tódalas experiencias vividas estes dous meses, e o agarimo das súas familias de acollida, tal e como lle contaron esta mañá á Tenente de Alcalde vilagarciá, Tania García. Para eles, a iniciativa é ademais de divertida, esencial para evitar padecer os 57 graos ós que chegan en verán os campamentos de Refuxiados nos que viven, pero para as familias acolledoras, chegan a converterse, en verdadeiros fillos. E a maioría, repite . Cando marchen a próxima semana deixarán un grande baleiro nestas familias do Salnés, pero tamén, tal e como nos confesaron esta mañá, algún que outro corazón partío.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O concello de Pontevedra alegará razóns ambientais para rexeitar a prórroga solicitada por Elnosa. O Goberno sinala, nesa alegación que enviará nas próximas horas á Consellería de Medio Ambiente, que a empresa ten a obriga legar de presentar unha avaliación de impacto ambiental. REPOR O concello de Pontevedra presentará unha ampla alegación contraria a solicitude de revisión da autorización ambiental integrada outorgada a fábrica Elnosa. O concello sinala na alegación que enviará nas próximas horas á Consellería de Medio Ambiente que a empresa ten a obriga legal de presentar unha avaliación de impacto ambiental. A administración local arremete que non ten constancia dunha autorización para aproveitamento do Lérez para Elnosa e pide a Augas de Galicia que aclare se existe estas condicións. A información remitida pola empresa reflicte incumprimentos dos límites de parámetros de emisión. Esta información tamén sitúa o punto de verquido na ría, polo que o conello esixe que elnosa aclare se é un erro e onde botan os efluentes. TOTAL Carme da Silva lembrou esta mañá que os prazos en Lourizán para Elnosa se esgotaron hai moito tempo, que sempre foron concedendo prórrogas e máis prórrogas por iso agarda que agora o peche desta fábrica na ría de Pontevedra sexa o definitivo.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra actuará en dúas novas rúas do entorno de Santa María. O goberno local xa traballa en varios puntos desta zona do casco histórico, pero hoxe anunciou que acometerá a reforma integral das rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. A actuación contará cun investimento duns 150.000 euros. O concello de Pontevedra avanza na rehabilitación do entorno de Santa María, no caso histórico da cidade. Gulías visitou as obras que se están a realizar nas rúas Pratería Vella e Tristán Montenegro, financiadas con cargo ao ARI. Dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados. Trala visita, a edil anunciou que está previsto rehabilitar dúas rúas máis do entorno de Santa María. Actuacións que contarán cun investimento total de 150.000 euros. Unha das novidades que se aplicou na reforma da rúa Praterías atópase no pavimento. Por primeira vez, o concello utilizou a pedra plana no centro e a chapacuña nos laterais, para evitar posibles problemas de accesibilidade. Non descartan aplicar esta fórmula noutras zonas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O Concello de Pontevedra ultima o expediente de contratación do servizo municipal de Auga. Unha iniciativa que inclúe 14,5 millóns de euros en saneamento. Un mínimo que permitirá abordar o saneamento das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André e Verducido.
Publicado en PONTEVEDRA
BOIRO> A actuacion incluira ademais as instalacións do mercado e tamén as do parquing municipal. Con esta actuación iniciada hai xa varias semanas o Concello verá reducido o seu consumo eléctrico nun 60%, reducindo tamén a contaminación lumínica. As obras están a levarse a cabo na propia casa consistorial e nas instalacións do mercado e no parquing municipal. Pasarase das 1289 lámpadas convencionais ás 850 de tecnoloxía led. Está incluída no Plan Provincial de Medio Ambiente da Deputación da Coruña cun investimento duns 17 mil euros. O prazo de execución das obras será de dous meses.
RIBEIRA> A oficina de información catastral de Ribeira abrirá o primeiro e terceiro xoves de cada mes a partir do vindeiro mes de xullo. Estará situada na Área de Atención Cidadá, na planta baixa do Concello, cun horario de atención ó público de nove e media a unha e media. A través deste novo servizo, os veciños do municipio poderán facer as consultas e trámites que consideren oportunos respecto a este rexistro sen ter necesidade de desprazarse ata Coruña como viña acontecendo ata agora. O servizo será desempeñado pola empresa Eibisa Norte, S.L., entidade que se vén de ocupar por encargo da Deputación da Coruña da actualización catastral de 75 concellos da provincia, entre os que se atopa Ribeira.
O concello de Vilagarcía ten embargada unha axuda de 100 euros mensuais por familia numerosa a unha nai con tres fillos, en situación de exclusión social. O motivo, a débeda que mantén por impostos como sumidoiros e lixo. Esta mañá, coñecimos a loita de Mari Carmen. Mari Carmen ten 38 anos, vive neste piso Vilagarcía cos seus tres fillos, de 19. 18 e 15 anos. Viven, ou sobreviven, porque nesta casa entran só os 426 euros de subsidio que está a recibir Mari Carmen ata o mes de novembro. A isto únese, que os país non se fixeron cargo das pensións dos seus fillos. E tampouco axudan os seus seriores problemas de saúde, cun grao de discapacidade do 65 por cento, que lle impide realizar moitos tipos de traballo . Os problemas comezaron cando Mari Carmen quedou sen traballo no 2010. Ó non pode facer fronte á hipoteca deste piso que mercara catro anos antes, estuvo a piques de ser desfiuzada. Segundo nos conta, chegou a un acordó coa entidade bancaria para firmar unha dación en pago, pola cal o banco quedaba coa vivienda, e ela e os seus fillos podían continuar vivundo no inmoble durante 3 anos, a través dun aluguer social de 120 euros. Grazas á axuda para familias numerosas podería ver aumentados os seus ingresos mensuais en 100 euros, pero hai uns meses, volvían as malas novas. A axuda de 100 euros, que lle fora concedida, atópase embargada pola débeda contraída co concello en concepto de impostos, cargas que tiña que asumir, segundo afirma, o banco. Esta nai, que pediu axuda á Stop Desafiuzamento Barbanza, plataforma que considera inembargable, a prestación de facenda que recibe por familia numerosa. Grazas a que o fillo maior atopou un traballo no inverno,pasaron unhas navidades, daquela maneira, tal e como nos dí Mari Carmen, pero éste só lle durou tres meses. Este ano, chegaron a cortarle a auga . Ela, ten claro cal é o obxectivo máis urxente Mentres continúa esixindo o seu, Mari Carmen, non quere nin pensar no que pasará cando pasen os 3 anos, e remate o alugueiro social. Se daquela non consegue traballo o cartos para comprar, sabe que ela e os seus fillos terán que abandonar o seu fogar .
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra visitou esta mañá as instalacións das oficinas do antigo edificio do Banco de España. Jacobo Moreira considera que a compra, por un valor de 1,2 millóns de euros do edifico na rúa dos Ferreiros, é un capricho de Lores. O líder do PP cree que Pontevedra conta con espazos máis adecuados para albergar os servizos de xestión tributaria, como os que visitou esta mañá na compaña de responsables da empresa SEGISPA.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> Roberto Carlos Agís, ex socio de goberno de Gonzalo Pita, recoñece que non lle sorprende que Telmo Martín se converta en alcalde de Sanxenxo, pero critica que Gonzalo Pita forme parte do novo "bipartito".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 15
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: concello Top of Page

Síguenos en facebook