• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
FESTA DO LIBRO 2017> Esta mañá quedou inaugurada a primeira edición da Festa dos Libros na Praza da Ferrería, en Pontevedra. Unha cita na que participan 13 librarías da cidade do Lérez e que conta con máis actividades dende hoxe e ata o domingo 25 de xuño. Unha cita apta pata todos os públicos e máis que recomendada para os amantes da literatura.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Pontevedra suma un novo premio á súa colección polo seu modelo de cidade. Nesta ocasión é a Asociación Española para a Xerencia dos Centros Urbanos á que premia a Boa Vila pola peonalización do centro histórico. O concello irá acompañado a Asociación Zona Monumental para recoller este galardón o 10 de xullo en Valencia.
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 21 Xuño 2017 17:01

As obras de melloras chegan a Mollabao

Pontevedra> O concelleiro de Ordenación do Territorio, en Pontevedra, presentou esta mañá a reforma urbana de Mollabao. Trátase dun estudo que tería como fin humanizar o primeiro tramo da PO-546, na vella estrada a Marín. Estre tramo, duns 600 metros, contará cun investimento por parte do concello de preto de 3 millóns de euros.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Oito alumnos do Instituto Sánchez Cantón, de Pontevedra, chegan á final dos premios TeenTech 2017. Unha final que terá lugar en Londres o vindeiro 26 de xuño. Trátase de dous equipos. O da ESO presentará un proxecto de farol solar e os de Bacharelato un micrófono direccional pensado para persoas con deficiencias auditivas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O secretario da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado de México visitou hoxe o concello de Pontevedra. O fin deste encontro, co alcalde e a concelleira de Promoción da cidade, é o de concretar a axenda institucional da viaxe, que a comisión pontevedresa, realizará ao país azteca a finais de agosto.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O pleno da corporación non aprobou a moción que en Marea levou nesta xornada co fin de que o concello deixe de subvencionar con 40 mil euros ao ano a Praza de Touros. Dende o Goberno dixeron que se trata dun contrato privado co fin de poder utilizar estas inmediacións na Feira Franca.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A Carreira Ponle Freno chega a Pontevedra. A cita, organizada polo Grupo Atresmedia, celebrarase o 1 de xullo, e busca promover a seguridade viaria. A recadación destinarase íntegramente á Asociación Pedaladas, para seguir adiante co proxecto “Ao INSTIen BICI”, para potenciar a educación viaria nos escolares. Pontevedra será o escenario da segunda carreira Ponle Freno. A cita naceu en Madrid no ano 2008 da man do Grupo Atresmedia, para concienciar da seguridade viaria. Dende hai dous anos percorre diferentes zonas de todo o Estado. A cita celebrarase o 1 de xullo, saíndo da praza de España ás 21.30. O percorrido será maioritariamente urbano, buscando que participe o maior número de corredores. As inscricións estarán abertas ata o 28 de xuño, a escoller entre dúas modalidades: 5 euros para os que opten polo percorrido de 5 quilómetros, e 10 para os que se animen co trazado de 10. O recadado destinarase íntegro á Asociación Pedaladas, para seguir adiante co seu programa “Ao INSTIenBICI”. A proba vén substituír á PonteNoite 5+5 no Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, sendo a quinta puntuable.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Xa hai data para o inicio das obras de saneamento do río Gafos. Os traballos comezarán o vindeiro luns 19 de xuño, segundo explicou o propio alcalde de Pontevedra despois dun encontró con representantes da asociación Vaipolorío. O proxecto conta cun orzamento de máis de 830.000 euros. O vindeiro luns 19 de xuño arrincarán as obras de saneamento do río do Gafos. O alcalde de Pontevedra fixo o anuncio tras un encontro con representantes da asociación de Vaipolorío, destacando a importancia desta actuación. O proxecto conta cun orzamento de máis de 830.000 euros, e inclúese nos convenios por saneamento asinados coa Deputación de Pontevedra. En concreto, instalaranse máis de 3.300 metros lineais de tubaxe, e actuarase nun total de 129 pozos. Todo cun prazo de execución de 9 meses. Dende Vaipolorío apuntaron que, aínda que se actúe no termo municipal de Pontevedra, tamén sería preciso intervir no de Vilaboa, completando o saneamento con máis actuacións río arriba.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra, satisfeito polo que considera un repunte na rehabilitación de edificios do centro histórico. Esta mañá, a comisión de urbanismo valorou unha solicitude para rehabilitar un inmoble na rúa Real e a licenza de primeira ocupación para unha residencia da terceira idade no antigo edificio de Almacéns Rodiño. Satisfacción no concello de Pontevedra polo que consideran un repunte na rehabilitación de edificios do centro histórico da vila. A Comisión de Urbanismo desta mañá tivo sobre a mesa unha solicitude para rehabilitar un edificio na rúa Real. Tamén a licenza de primeira ocupación para unha residencia da terceira idade no antigo edificio de Almacéns Rodiño, na rúa Don Gonzalo, que se presentará na xunta de goberno local do vindeiro luns. A licenza chegará despois de tres anos de trámites, e dará luz verde a un centro que formará parte dun complexo residencial e asistencial para maiores. Dende o pasado marzo, a Oficina Técnica de Rehabilitación informou de 36 expedientes e 12 autorizacións ante a Consellería de Cultura.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende o concello de Pontevedra quixeron esta mañá deixar claro que a misión comercial a México está aberta a todas as empresas interesadas. Deste modo daba resposta Anabel Gulías ás críticas da patronal sobre a falta de información desta viaxe. Gulías agarda ter pechado o listado de empresas a finais do mes de xuño.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O alcalde de Pontevedra recibíu esta mañá no seu despacho a Paloma Otero, premio de excelencia a nivel nacional na ESO, e a Antón Piñero, premio de esforzo académico de Galicia tam. Estes dous estudantes son do IES Torrente Ballester, Lores dixo sentirse moi orgulloso do nivel educativo público que hai na capital de provincia.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra>A comisión de Urbanismo, en Pontevedra, ven de dar luz verde a creación de 22 novas prazas de aparcamento na Facultade de Ciencias do Deporte. O obxectivo do concello é crear unha zona única de aparcadoiro no campus, e deixar liberada a parte central desta zona universitaria na Xunqueira.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 3
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: concello de pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook