Degusta Europa inicia a súa terceira edición no Grove

O GROVE> Combinar gastronomía, produto local e formación. Este sons os principais obxectivos do proxecto Degusta Europa que hoxe iniciou no Grove a súa terceira ruta de mercados. A Deputación de Pontevedra céntrase este ano na “fame de experiencias”.

O proxecto Degusta Europa deu inicio a súa terceira ruta de mercados na praza de abastos do Grove. Baixo o lema “fame de experiencias” a Deputación de Pontevedra e o Centro de Formación Carlos Orozaofreceron unha mostra de comida gratis no mercado meco.

Carmela Silva explicou que o proxecto céntrase en amosar a gastronomía como un elemento de relación entre os países da Unión Europea, poñer en valor a excelencia tanto no produto como na formación e valorizar e amosar a importancia dos mercados de proximidade.

Pola súa parte o alcalde do Grove quixo destacar a importancia desta estratexia de turismo a través da gastronomía.

Degusta Europa continuará agora polas prazas de Pontevedra, Bueu, Baiona e Vigo.