Demandan a mellora do río ó paso pola Aldea da Raña

    bngpobraaldearana100.jpgPOBRA> O BNG, atendendo unha demanda dos veciños da Aldea da Raña, vén de esixir o acondicionamento do tramo do río Lérez que discorre polo lugar.

    {flowplayer}barbanza/bngpobraaldearana.flv{/flowplayer}

    Respondendo a unha demanda dos propios residentes, o BNG da Pobra do Caramiñal solicitoulle ó equipo de goberno a limpeza do río Lérez que discorre pola zona.

    A simple vista o estado da canle do río presenta un estado de abandono considerable, debido á acumulación de lixo e vexetación.

    Dende o BNG culpan desta situación ó executivo local, que a pesar de ter coñecemento do problema polos propios veciños da zona, mira para outro lado, sen facer nada por remedialo.

    Redacción Barbanza