Descontos de ata o 80% na Feira de Oportunidades

    feira_oportunidades_cambados_copia100.jpgCAMBADOS> Comerciantes de toda a comarca levan os seus artículos. As casetas permanecerán abertas ata o próximo luns.

    {flowplayer}images/salnes/FEIRA_OPORTUNIDADES_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Con esta iniciativa que se celebra cada dous anos, a asociación Zona Centro busca ofrecer ás tendas a posibilidade de liberarse dos seus stocks. Os participantes aseguran que este tipo de feiras tamén axudan a mellorar os malos resultados nas vendas, que se rexistran en practicamente todos os comercios, por mor da crise.

    Roupa, zapatos, complementos, decoración e artículos de náutica e deportes, son algúns obxectos que se poden atopar nesta feira, con prezos dende 5 euros. Pero esta iniciativa non só favorece ós vendedores. Os compradores e os seus petos amósanse encantados.

    A protectora de animais de Cambados tamén se instalou o seu propio stand. Ademais de recoller doacións, a asociación montou o seu propio mercadillo, con obxectos de segunda man doados por voluntarios. Ata a súa caseta tamén levaron oito cachorros para intentar buscarlle un dono.

    A pesares de ser o primeiro día, segundo os comerciantes o balance foi positivo. Incluso esperan que as cifras melloren nas próximas xornadas , xa que a feira de oportunidades de Cambados estará aberta ata o luns de xeito ininterrompido dende as 11 da mañá ás 11 da noite.

    Redacción Salnés