Do 21 ao 23 de setembro Pontevedra converterase na capital do emprendemento

Pontevedra> Máis de 40 empresas participarán na cuarta edición do Pont Up Store. Unha cita que terá lugar do 21 ao 23 de setembro na Praza de España de Pontevedra. Este evento ten como fin potenciar a cultura emprendedora e contará con preto de 40 actividades formativas. A cuarta edición do Pont Up Store quenta motores en Pontevedra. Dende o 21 ao 23 de setembro a Praza de España acollerá esta cita co emprendemento. Trátase dunha actividade que contará con 35 stands e que, tal e como dixo o vicerreitor do Campus de Pontevedra, cada ano a calidade das propostas mellora e se diversifica. O director deste evento dixo que dos máis de 40 proxectos que se presentan, o 50 por cento son da provincia de Pontevedra e o 33 por cento proveñen do rural galego. Unha cita que converterá a Pontevedra na capital do emprendemento do 21 ao 23 deste mes de setembro.