En Marea advirte da volta da burbulla inmobiliaria en municipios turísticos como Sanxenxo

SANXENXO> En Marea advirte do retorno da “burbulla” inmobiliaria en municipios turísticos como Sanxenxo. Dende esa localidade, o voceiro da formación demandou á Xunta a creación de vivenda pública que non estea suxeita á especulación.

O retorno da burbulla inmobiliaria é, para En Marea, un feito demostrado. A especulación coas vivendas é, segundo din, aínda máis evidente en lugares eminentemente turísticos, como é o caso de Sanxenxo.

Nun encontro celebrado esta mañá en Sanxenxo con representantes na comarca de formacións vinculadas a En Marea, Luís Villares tamén aproveitou para demandarle á Xunta a creación dun parque público de vivendas.

Outro dos factores que, segundo o voceiro de En Marea, dificulta o acceso á vivenda son os salarios: segundo indica, a precarización das condicións laborais nas localidades turísticas, en sectores como a hostalaría, impiden que se lle poida facer fronte ó custo de vivendas no propio municipio. Unha situación que se agrava, apunta, no caso do emprego feminino.