Encontro entre o bipartito de Cambados e o BNG para negociar os orzamentos da vila

CAMBADOS> O goberno local de Cambados convocou hoxe ó BNG a unha xuntanza para tentar negocia-los orzamentos da vila para o 2021. Á cita, os nacionalistas acoden con vontade de acordo, segundo din. Con todo esixen que antes de nada, se lles facilite un borrador das contas que o bipartito pretende sacar adiante.

O BNG asegura estar disposto a apoia-las contas do bipartito cambadés, aínda que para iso queren antes coñecelas. Os nacionalistas critican que o goberno local os convocase a unha xuntanza sen antes terlles facilitado un borrado das contas que están a deseñar para 2021.

Pero iso é, precisamente, o que o goberno local non quere. Din que descartan facer un borrador previo dos orzamentos para que logo sexa modificado. A alcaldesa asegura que o que queren facer son unhas contas contando con tódolos grupos do consistorio.

Un modelo de traballo que non acaba de convencer ó BNG porque así, indican, non poden levar preparadas as súas propostas. Tampouco lles convence ós nacionalistas a intención do executivo municipal de relaciona-las negociacións dos orzamentos coa proposta de liberacións.

Os salarios dos concelleiros volveranse debater en Pleno este vindeiro xoves.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí