Espectáculos itinerantes e coros de panxoliñas animarán as rúas da Pobra este Nadal

A POBRA> A Pobra acolle este Nadal un sinfín de actividades culturais e de dinamización. Destacan os espectáculos itinerantes de rúa, os coros de panxoliñas ou os numerosos obradoiros para cativos no Fogar de Nadal.

Ás diversas iniciativas de dinamización anunciadas xa no marco da campaña ‘Comparte Nadal’ súmase unha extensa oferta de lecer que fará da Pobra este Nadal un auténtico fervedoiro cultural. Destacan os espectáculos de animación itinerante que percorrerán as rúas entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro.

A Pobra recupera este ano a tradición das panxoliñas con varios coros que cantarán por distintos espazos da vila.

Precisamente nese Fogar de Nadal, habilitado na oficina de Turismo, terán lugar a maior parte dos obradoiros e actividades dirixidos ó máis cativos que recibirán tamén nestas datas  a visita do Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos. Os maiores terán tamén o seu espazo de lecer coa sesión especial de Tardes de Baile o día 23 no centro sociocomunitario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí