Feijóo abarrota a inauguración do novo concello

inauguracin_concello_outes.jpgOUTES> O presidente da Xunta destacou a harmonía patrimonial coa que se acometeron as obras que custaron arredor de dous millóns de euros.

{flowplayer}barbanza/inauguracion_outes.flv{/flowplayer}

Apelando ao novo espírito de conservación, así abriu oficialmente ao público a nova casa do concello de Outes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun acto concorrido ao que non quixo faltar ningunha autoridade vinculada á corporación. Un evento no que o presidente autonómico calificou de profunda inxustiza o feito de responsabilizar aos concellos e as comunidades autónomas da creación do déficit e do gasto público, e no que apelou á colaboración e ao compromiso entre concellos como medida contra a crise.

Convidados

 

Dous anos de espera que rematan cunha inauguración á que tamén acudiron o conselleiro de presidencia, Alfonso Rueda, e o presidente da deputación, Diego Calvo.Pola súa banda, o alcalde de Outes, Carlos López Crespo, exerceu de mestre de cerimonias ofrecendo un animoso discurso no que relatou a historia do edificio, os numerosos atrancos encontrados para a súa finalización e os puntos claves sobre os que se sustenta: luminosidade, mellora de servizos e estética. Redacción Barbanza