Festa de despedida para os nenos saharauis na Pobra

    POBRA> O departamento de Servizos Sociais celebrou onte nas instalacións do Centro de Atención á Discapacidade, unha festa de despedida ós catro nenos saharauis que estiveron pasando o verán con familias deste municipio, no marco do programa Vacacións en Paz, que desenvolve a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Despois de varios meses entre nós os rapaces deberán agora regresar ós campos de refuxiados de Tinduf onde viven todo o ano. Na festa, ademais de desfrutar de diversos xogos e unha suculenta merenda, os cativos recibiron un agasallo de mans do alcalde, Isaac Maceiras, e da propia edil de Servizos Sociais, Balbina Lojo, para que lembrasen a súa estancia na vila pobrense.