Frío, humidade e pingueiras no CEIP Chancelas

    ceip_chancelas_2 copia.jpg POIO> A comunidade educativa reclama a reparación urxente do tellado e das fiestras logo da caída dun falso teito a pasada fin de semana.

    {flowplayer}images/salnes/DEFICIENCIAS_CEIP_CHANCELAS.flv{/flowplayer}

    Esta fin de semana, parte do falso teito de escaiola desta clase de infantil veuse abaixo. Había doce anos que fora colocado por operarios contratados polo concello de Poio e, aparentemente, era un dos que en mellor estado se atopaba. Agora xa non queda ningunha das pranchas.

    Esta mesma mañá, durante a nosa visita ó centro, descubrimos o firme do ximnasio cuberto de charcos. Hoxe non houbo ximnasia porque a mestra estaba enferma, pero o certo é que os pais dos nenos están fartos de que os seus fillos teñan que asistir ó colexio nestas condicións.

    Versión da Administración

    O xefe territorial de Educación en Pontevedra asegura que o mantemento do centro é responsabilidade do concello, e que antes de colocar os falsos teitos, debían ter consultado que material era o indicado. Desde o concello pasan a pelota á Xunta.

    A comunidade educativa xa se mobilizou e agardan a que as administracións competentes reacciones. De non obter respostas tomarán novas medidas.

    Redacción Salnés